Sábado, 27 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 15 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa e ' Lena' reuniranse este xoves para tratar a creación dun refuxio de animais no Porriño

O vindeiro xoves, día 16, a alcaldesa, xunto cos responsábeis dos grupos municipais, manterá unha xuntanza coa representantes da Asociación Protectora de Animais Lena para tratar, de novo, sobre a creación dun refuxio de animais no Porriño.


O Goberno local mantivo, con antelación, distintas reunións cos responsábeis de Lena, nas que estiveron presentes o concelleiro de Urbanismo ou a alcaldesa, para tentar de atopar unha solución conxunta á necesidade de que exista un refuxio na vila. Ese foi o tema tratado nas catro xuntanzas anteriores celebradas o 27 de agosto e 19 de novembro de 2015, o 3 de marzo de 2016-hai apenas un ano-, e o pasado 24 de novembro, hai menos de catro meses.


Netas ocasións, o Goberno local informou á asociación sobre as xestións feitas ara atopar un lugar acaído no que sexa posible situar o refuxio, os reparos postos pola Xunta de Galicia ás propostas feitas polo Concello, as dificultades que plantexan os lugares hachados polo feito de non ter conexión á rede de saneamento e o plantexamento do propio Goberno local de facer, no caso de que fose necesario, unha poza séptica-e a valeirala cando sexa preciso-. Nesa mesmas reunións o Goberno local mesmo solicitou a Lena a súa colaboración nestas xestións e, en todas elas, as dúas partes acordaron traballar xuntas.


Dende que se fixera cargo da responsabilidade de Goberno, o equipo dirixido por Eva García de la Torre mantivo unha colaboración constante coa Asociación Protectora Lena, un traballo en común que deu coma froitos, ademáis da percura dun lugar para o refuxio, dúas campañas para promover á adopción, a impulsada nas pasadas Festas do Cristo de 2016 que tivo a súa continuación no Nadal pasado, hai apenas tres meses, na que se puxo a atención no feito de que os animais non son xoguetes para regalar en  Reis.


A coperación con Lena seguiu o mes pasado: a Concellería de Educacion impulsou un obradoiro sobre a Linguaxe Canina destinado a alumnas e alumnos de 2º de Primaria dos colexios do Porriño. No mesmo, os cativos aprenderon como achegarse a un can, a distinguir entre un can ou cadela asustada, leda ou enfadada, o que tiñan que facer antes de acariñala e que sinais deben buscar para tranquilizala, ou tranquilizalo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.