CULTURA
O Festival de Cans recoñece a traxectoria do actor Miguel de Lira co Premio Pedigree 2017
A Asociación Cultural Arela, organizadora do certame, quere premiar o seu compromiso coa sociedade que o rodea e recoñecer o traballo do actor, imprescindible no panorama audiovisual galego actual.
![[Img #31197]](upload/img/periodico/img_31197.jpg)
A asemblea da Asociación Arela decidiu concederlle nesta edición o Premio Pedigree 2017, o seu máximo galardón honorífico, ao actor Miguel de Lira (Lira, 1964), un deses intérpretes que medraron á par que o fixo o audiovisual propio de Galicia. Fiel seguidor e difusor do Festival de Cans desde a primeira edición, Cans quere contribuír deste xeito a recoñecer o traballo dun actor que consideramos imprescindible no panorama do audiovisual galego actual.
Así mesmo, a organización do festival decidiu outorgarlle os Chimpíns de Prata “Premio Pepe Puime”, que recoñecen cada ano o apoio que unha personalidade lle outorga ao festival e mais o labor dos veciños e veciñas de Cans, a Jorge Coira, profesional do sector audiovisual que ten traballado no espallamento, difusión e fomento do Festival de Cans participando nel en pasadas edicións como xurado ou como ponente en “Cans do futuro” ante as novas xeracións de creadores e creadoras, e a Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano de todos os que levan a cabo esa tarefa no festival. Todos eles recollerán o seu premio na “Noite das Homenaxes” que se celebrará o venres 26 de maio no Torreiro de Cans. O acto rematará coa colocación de estrela de Miguel de Lira.
![[Img #31194]](upload/img/periodico/img_31194.jpg)
![[Img #31195]](upload/img/periodico/img_31195.jpg)
PREMIO PEDIGREE 2017: MIGUEL DE LIRA
Case sen darnos de conta, toda unha xeneración de actores e actrices de Galicia superou os cincuenta anos de idade e xa levan máis de tres décadas instalados na nosa iconografía popular. Miguel de Lira é un deses intérpretes que medraron ao mesmo tempo que o foi facendo audiovisual propio de Galicia. Cunha filmografía de máis de vinte filmes, Miguel de Lira foi intérprete e ás veces tamén cómplice de filmes de éxito e representativos do cinema galego recente como “Galatasaray-Depor” de Hannes Stohr, “A esmorga” de Ignacio Vilar, “Os Fenómenos” de Alfonso Zarauza, “Somos gente honrada” de Alejandro Marzoa ou “Crebinsky” de Enrique Otero, película pola que recibiu o premio ao mellor actor protagonista nos Mestre Mateo 2010. Pero, ademais da súa traxectoria en longametraxes, Miguel de Lira é un actor versátil, que ten traballado en curtas, na televisión e no teatro. O seu personaxe de Evaristo Currás na serie “Mareas Vivas” ou o seu papel protagónico na serie da TVG “Pepe o Inglés” convertírono nun actor icónico en Galicia, e a súa labor como fundador da Compañía Chévere desde 1986 estivo recompensada co Premio Nacional de Teatro en 2015. O Festival de Cans non só premia a Miguel de Lira polo seu amplo currículo, traxectoria e versatilidade como actor, senón tamén polo seu compromiso coa sociedade, a cultura do país e o entorno que o rodea.
Miguel de Lira recollerá así o testigo Emma Lustres, homenaxeada o ano pasado, e deixará a súa pegada no Torreiro das Estrelas na Noite das Homenaxes, o venres 26 de maio. Continúa así completándose un grupo de recoñecidos Premios Pedigree compartido tamén con Luis Tosar, Celso Bugallo, Antón Reixa, Chete Lera, María Bouzas, María Pujalte, Mabel Rivera, Xavier Villaverde, Ernesto Chao, Antonio Durán “Morris”, Manuel Manquiña ou Javier Gutiérrez.
![[Img #31199]](upload/img/periodico/img_31199.jpg)
CHIMPÍNS DE PRATA “PREMIOS PEPE PUIME”
O Festival de Cans quere dar as grazas cun dos premios Pepe Puime a unha personalidade relevante que destaque polo seu compromiso e apoio ás súas iniciativas. Este ano o homenaxeado será Jorge Coira (Rábade, 1971), director, guionista e montador, traballo polo que levou o Goya en 2016 co filme “El Desconocido”. Jorge Coira é un profesional imprescindible no audiovisual de Galicia e unha persoa que sempre estivo altamente vinculada ao Festival de Cans: desde as primeiras edicións, Coira ten participado como xurado, como colaborador nas charlas de “Cans de futuro”, falando sobre a súa experiencia como director e como montador diversos coloquios e poñendo en marcha a actividade “Café con CREA” desde a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia que presidiu ata o pasado ano. Por todo este compromiso co festival, a organización decidiu premialo este ano co “Chimpín de prata - Premio Pepe Puime”, galardón que se outorga ás persoas que traballan no impulso e fomento do Festival de Cans.
Ademais, cada ano, o Festival de Cans concede tamén un Chimpín de Prata aos veciños e veciñas que participan activamente na súa celebración. Nesta edición, o Chimpín de Prata irá a parar ás mans de Feliciano Bernárdez “Xano”, o chimpineiro máis veterano do Festival de Cans con 77 anos. O chimpín de Xano ten levado a ducias de directores, directoras, actores, actrices e personalidades que visitan o festival. O premio a Xano quere ser tamén un recoñecemento ao patriarca dunha familia moi implicada co festival: desde a súa filla Rosa, coordinadora dos guías dos camiños, ata os seus netos Mario e Óscar, que comezaron acompañando ao seu avó no chimpín e agora son membros activos na organización do certame.
![[Img #31198]](upload/img/periodico/img_31198.jpg)
Os dous recibirán tamén cadanseu Chimpín de Prata a noite do venres 26 de maio, pero ademais, no caso de “Xano”, colocará o seu chimpín no “Muro dos chimpíns”, o espazo co que o festival quere perpetuar o agradecemento aos veciños, do mesmo xeito que o Torreiro das Estrelas o fai cos profesionais do audiovisual.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.219