Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello instala un novo desfibrilador no campo de fútbol de Angoares

Este novo aparello súmase aos xa instalados polo consistorio nos campos de Areas e Pardellas.

[Img #31210]

 

Esta semana tivo lugar nas instalacións deportivas de Angoares a instalación e colocación dun desfibrilador semiautomático externo (DESA) de última xeración, dispositivo que se suma aos xa instalados anteriormente polo consistorio ponteareán nas instalacións deportivas de Areas e Pardellas.


“Seguimos co plan de protección que xa presentamos anteriormente e que pretende que cada ano o Concello instale máis desfibriladores en lugares de gran afluencia de xente, tanto no casco urbano como no rural, que permitan facer de Ponteareas unha vila cardioprotexida”, indica a edil Vanesa Fernández.


Xunto coa instalación do equipo DESA, o Concello tamén desenvolveu uns talleres para instruír sobre o seu uso e mantemento e tamén se levaron a cabo prácticas de reanimación cardiopulmonar (RCP), onde estiveron presentes a propia Concelleira de Seguridade Cidadá Vanesa Fernández e o Concelleiro de Deportes Benito Márquez. As RCP permiten manter o fluxo necesario de sangue osixenada no cerebro e restablecer o ritmo cardíaco normal mediante o uso dun desfibrilador. O marxe de actuación é de solo cinco minutos, e cada minuto que pasa diminúe nun 10% as probabilidades de supervivencia. En ausencia de atención inmediata, a taxa de supervivencia non chega ao 5 %, pero en cambio sobrepasa o 50 % en instalacións cardioprotexidas.


 “Neste taller de Angoares estiveron hoxe unhas 25 persoas, entre membros do cadro técnico, adestradores, delegados, e incluso pais de rapaces da escola de fútbol. Dende aquí quero agradecer a implicación de todos eles xa que é importante que o maior número de xente saiba unhas nocións mínimas de como usalos, porque nunca se sabe cando van facer falla”, indica o edil de Deportes, Benito Márquez.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.