GALICIA
O Laboratorio de Consumo celebra o Día mundial das persoas consumidoras achegando o seu traballo ao estudantado
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe as instalacións situadas na Grela, que recibiron a visita de alumnos do CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña.
![[Img #31221]](upload/img/periodico/img_31221.jpg)
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe na Coruña o Laboratorio de Consumo de Galicia, que, no marco das celebracións do Día mundial das persoas consumidoras e usuarias abriu as súas portas para achegar o seu traballo ao estudantado.
Vázquez Abeal sinalou a importancia de achegar aos máis novos o labor que desenvolve este centro, lembrando que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a traballar xunto coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ofertar aos centros educativos unha nova materia centrada no consumo responsable. Esta disciplina será de libre elección para o primeiro ciclo da ESO (poderase impartir en primeiro ou en segundo curso) e espérase que se poida comezar a implantar o vindeiro curso académico nos centros que o soliciten.
O Laboratorio de Consumo de Galicia, situado no polígono da Grela, recibiu a visita de alumnos e alumnas do CPR Plurilingüe Compañía de María da Coruña, que puideron coñecer de preto o traballo que realiza cada un dos departamentos deste centro dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Grazas ao traballo coordinado entre este Laboratorio e a Inspección de Consumo, Galicia é líder cada ano na detección de produtos perigosos no mercado
Grazas ao labor que desenvolve o Laboratorio de Consumo de Galicia, o único oficial público acreditado pola ENAC, en coordinación coa Inspección de Consumo, Galicia sitúase como líder na vixilancia e control do mercado, sendo unha das comunidades que máis produtos perigosos detecta cada ano.
Cando se constata que algún produto presenta riscos, procédese a notificar á Rede de alerta de produtos de consumo non alimenticios, un sistema de información que funciona a nivel nacional e europeo e que permite a rápida adopción de medidas de reacción coordinadas para garantir a seguridade dos consumidores, como a inmobilización do produto, a retirada do mercado ou a modificación daquelas características que o converten en inseguro.
Así, ao longo do pasado 2016, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia comunicou á rede de alerta nacional un total de 75 produtos, situándose como a segunda autoridade autonómica de Consumo que realizou máis notificacións despois de Madrid. En total, desde Galicia notificáronse 79 produtos, correspondéndose dúas alertas a produtores e dúas ao Servizo Oficial de Inspección, Vixilancia e Regulación das Exportacións.
Entre os produtos notificados, cabe sinalar que 27 eran xoguetes, tendo en conta que nas análises e inspeccións se presta especial atención aos produtos destinados aos consumidores máis vulnerables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44