Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 16 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

156 alumnas e alumnos participan este xoves nunha xornada de achegamento ao Judo

156 alumnas e alumnos do CEIP Plurilingüe de Atios-39-, o Xosé Fernández López-48- e o Colexio Hermanos Quieroga-25- participarán este xoves, no Pavillón Municipal, nunha xornada de Aproximación ao Judo, na que, a través de xogos guiados, aprenderán varias das técnicas básicas deste deporte.


As sesión, de 10 a 11:15 h. e de 11:15 a 12:30, servirán para que as rapazas e rapaces se acheguen ás ‘Destrezas Técnicas’, e ‘Destrezas Físicas’ aprendendo  o emprego de habilidades motoras básicas e combinadas simples ao tempo que se lles transmite un concepto novo de práctica deportiva baseado na loita, pero con fins unicamente deportivos e lúdicos.


Esta sesión está organizada pola Federación Galega de Judo e Deporte Adaptado, a Concellería de Deportes do Concello do Porriño, que estará representado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, e o Secretaría Xeral para o Deporte, dependente do Goberno de Galicia.


As prácticas serán impartidas por profesores da Federación Galega de Judo, en cooperación cos profesores de Educación Física de cada un dos centros participantes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.