Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 15 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Conclúe o obradoiro de emprego Mos Verde

O Concello eloxia na súa despedida aos 15 mozos que durante medio ano puxeron en valor os recursos naturais do municipio.

[Img #31228]

 

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, participaron hoxe xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, a edil de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e demais membros do equipo de goberno local, na clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego Mos Verde no que se formaron 15 alumnos nas especialidades de limpeza e xestión de residuos e deseño gráfico. Así mesmo, recibiron formación complementaria en prevención de riscos laborais, orientación laboral para a creación de empresas, sensibilización ambiental e informática.

 

A clausura tivo lugar na carballeira do Santiaguiño, parroquia de Guizán, un dos lugares nos que actuaron os alumnos/as do obradoiro, e durante a mesma Marnotes puxo en valor este tipo de programas que ofrecen formación e un contrato de traballo polo que se incrementa a inserción no mercado de traballo dos seus participantes.

 

A través deste obradoiro, específico para os menores de 30 anos, os alumnos levaron a cabo a limpeza e xestión de residuos de espazos públicos e realizaron un inventario dos recursos naturais e patrimoniais do concello e o deseño de folletos e carteis no mesmo eido, entre outras actuacións.

 

Este obradoiro tamén abordou unha ambiciosa iniciativa na súa especialidade de deseño gráfico, consistente nun proxecto para elaborar unha publicación sobre os recursos medioambientais do Concello de Mos que lograron ter rematada e aproveitaron a xornada de hoxe para presentala. Trátase do libro ‘Mos espazo de augua... espazo de vida’.

 

Ademais realizaron un interesante folleto informativo sobre os Muíños da Salgueira en Pereiras, o tríptico detallado sobre as liñas do Bus Urbano de Mos, e outros moitos traballos de deseño gráfico.

 

Durante a clausura Arévalo, rexedora local mosense, declarou que “a prioridade deste goberno son as persoas, e a nosa máxima preocupación o desemprego; por iso me satisface enormemente ver o gran traballo realizado por estes rapaces e rapazas que demostraron ser uns grandes profesionais e que hoxe rematan esta formación co seu potencial de empregabilidade moi mellorado e incrementado”. Labor á que, pola súa banda, o edil delegado nesta materia, Óscar Soto, declarou que “non só se lle dará continuidade, senón que se intensificará se cabe para seguir a combatir o paro, pero sempre desde políticas realistas e efectivas”.

 

O obradoiro de emprego específico para menores de 30 anos, Mos Verde, ofreceu formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio durante 6 meses. A iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta investiu máis de 132.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsou tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibiron formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos se así o desexan.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formou a 15 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e educación ambiental (7 persoas) e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos (8) durante 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibiron o salario mínimo interprofesional. Os participantes recibiron un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

 

As actuacións que se levaron a cabo durante o mesmo foron limpeza en espazos públicos abertos, xestión de residuos urbanos e industriais incidindo na compostaxe e reciclaxe, e control e protección do medio natural (dentro da que foi a primeira liña de actuación do obradoiro); e deseño de productos gráficos e interpretación e educación ambiental (na segunda liña de actuación).

 

O fin do obradoiro era a formación nestas dúas especialidades e, concretamente, entre os obxectos de actuación atopábanse: a elaboración de trazados e rutas e preparalos para a súa edición gráfica a partir dos recursos naturais e patrimoniais existentes; completar o inventario de recursos naturais co obxectivo de crear rutas e itinerarios do Recurso da Auga e desenvolver proxectos de produtos gráficos ademais de tratar imaxes e elementos gráficos; elaborar materiais didáctico-divulgativos para actividades de educación ambiental; deseñar folletos e carteis sobre recursos naturais e patrimoniais do municipio; deseñar a imaxe gráfica para trasladar a redes sociais ou web municipal deses mesmos recursos; sensibilizar á poboación local coa posta en marcha dun programa educativo dirixido a poboación en xeral e a colectivos e particulares e, por último, actuacións de limpeza en espazos públicos de forma manual e en 7 zonas urbanas do concello que abarcaron o mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns co obxectivo de conseguir un espazo limpo de residuos.    

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.27

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.