Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 16 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva destaca o seu apoio ao mundo do agro na firma de tres convenios con agrupacións da provincia

As tres entidades realizarán actividades formativas entre o seus socios para acadar produtos ecolóxicos e a máxima calidade.

[Img #31238]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou onte o seu máximo apoio ao mundo do agro e rural da provincia na firma de tres convenios con asociacións leiteiras, de produtores de mazá e da horta.

 

Silva destacou que temos na provincia uns produtos do noso agro dunha máxima calidade que deben recibir todo o apoio das administracións públicas "esta provincia é unha potencia no sector primario e dende este goberno provincial creemos que tanto o sector agrario como pesqueiro de Pontevedra ten moito futuro porque pode competir con calquer outro produto de calquera parte do mundo".

 

Silva recordou que o convenio coa Unión Leiteira Galega é para levar a cabo un programa formativo sobre a produción ecolóxica de leite na provincia de Pontevedra.  O  obxectivo do proceso formativo será diversificar a actividade das explotacións de leite cara a sistemas de produción en ecolóxico, facilitando o coñecemento dos produtores no procedemento a seguir para conseguir a certificación en leite ecolóxico.

 

O convenio coa ADF Maceiras de Tabeirós e para levar a cabo un programa formativo sobre a produción ecolóxica da mazá  na provincia de Pontevedra para conseguir a profesionalización deste sector que está inmerso nun proceso de expansión e para achegar ós produtores ás novas técnicas de cultivo e facelos máis competitivos nos mercados.

 

O último convenio é coa ADF do Salnés para levar a cabo un programa formativo sobre produción ecolóxica e agricultura integrada, co fin de dinamizar a horticultura na provincia de Pontevedra.

 

A Presidenta mostrouxe moi satisfeita pola firma destes tres convenios co sector primario da provincia "para que podan ter recursos para mellorar as súas producións e  a calidade dos seus produtos porque todos temos que agradecer o traballo que fan as persoas no sector primario  por manter o noso tecido agrario na provincia".

 

Pola súa banda, José Benito Vence de ULEGA, agradeceu á Deputación este convenio que axudará aos produtores da provincia a coñecer as posibilidades que o leite ecolóxico ten no mercado e, sobre todo, a mellorar as súas producións.

 

Tamén José Antonio López, Presidente da Agrupación para a Defensa Fitosanitaria (ADF) Maceiras de Tabeirós, agradeceu tamén o convenio e, que por primeira vez, dende a Deputación se fixera algo polo sector  da mazá da provincia do cal destacou que ten un gran potencial para poder diversificar outro tipo de actividades gandeiras e agrícolas.

 

Por último, a presidenta da Agrupación para a Defensa Fitosanitaria (ADF) Amigos do Salnés, Lucía Chaves Aragunde, agradeceu este convenio por parte da Deputación que servirá para mellorar as produción agrícolas dos seus asociados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.