Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

60 clubs disputarán a partir da vindeira semana a fase de Vigo da Copa de Fútbol Deputación

A competición, que rematará o vindeiro 31 de maio, acolle a arredor de mil equipos en toda a provincia que moven a un total de 18.000 persoas.

[Img #31239]

 

Coa presencia do deputado provincial de Cooperación, David Regades, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, a sede de Vigo da Deputación de Pontevedra acolleu a celebración do sorteo das xornadas eliminatorias dos equipos participantes na fase de Vigo da Copa Deputación de Pontevedra de fútbol, que enfrontará a un total de 59 equipos do sur da provincia a partir do vindeiro mércores, 22 de marzo, nunha nova edición (a novena) dun dos eventos máis importantes desta modalidade deportiva a nivel provincial.

 

Na primeira xornada, a do 22 de marzo, enfrontaranse os seguintes equipos: o U.D. Nespereira co Mondariz C.F., o Goián F.C. co Tomiño F.C., o Real Vilariño co San Miguel F.C., o U.D. Mos co Porriño Industrial, o Louro Tameiga co Caselas C.F., o Balaídos C.F. co C.D. La Guía, o Nieves C.F. co Gran Peña F.C., o C.D. Modelo co Erizana C.F., o C.D. Nieto co C.D. Pontellas, o Chapela C.F. co Progresista C.F., o S.R. Casablanca co S.P. Guardés, o S.D. San J. de Rubios co S.C.D. Arenas Alcabre, o S.D. Atlético Villar co S.D. Mosende ou o Covelo C.F. co S.D. San Estevo.

 

Por outra banda, enfrontaranse tamén o C.D. Caldelas co Gondomar C.F., o C.D. Teis co Desc. Sampayo, o S.D. Castelo co S.D. Juvenil, o Club Peñasco co Cultural Areas, o R. Castrelos co U.D. Atios, o A.D. Peña Beretas co Nigrán C.F., o U.D. Santa Mariña co Atlántida de Matamá, o Tyde C.F. co C.D. Valladares, o C.D. San Salvador co Xinzo F.C., o C.D. Vincios co Alerta Sanguiñeda, o A.D. Lavadores co U.V.C.D. Candeán, o S.D. Salvaterra co C.C.D. Chaín e, finalmente, o Gondomar F.B. co U.D. Ribera.

 

 

 

 

Lembran que nesta novena edición da Copa Deputación de fútbol participan en total máis de mil equipos e clubs da provincia e de todas as categorías, movendo a máis de 18.000 persoas. En concreto, esta edición da Copa, que o novo Goberno da institución provincial manterá ao longo de toda a lexislatura, aglutina máis de 100 equipos de primeira liña e nela tamén participan 25 equipos na copa feminina e máis de 900 equipos de todas as categorías nunha copa base

 

 

 

 

A estes equipos uniránselle o R. Pereiro fronte ao Rápido de Bouzas, o C.D. Coia fronte ao C.D. Choco e o C.P. AlertaNavia (que competirá co equipo gañador do partido que disputarán o U.D. Santa Mariña e o Atlántida de Matamá). Estes clubs xogarán a partir da xornada do 5 de abril debido a un axuste do cadro oficial da competición.

 

As seguintes xornadas serán, sucesivamente, o 26 de abril, o 17 de maio (oitavos de final), o 25 de maio (cuartos de final) e o 31 de maio, onde se celebrarán tanto a semifinal de Vigo como a grande final co equipo gañador da semifinal de Pontevedra.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.