NIGRÁN
Nava Castro destaca en Nigrán que o novo decreto de vivendas de uso turístico outorgará garantías de calidade
A directora de Turismo de Galicia fixo estas declaracións nunha sesión formativa que tivo lugar no Club Náutico de Panxón e que contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Vigo.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asegurou esta semana que o novo decreto autonómico que regulará o réxime das vivendas de uso turístico, ofrecerá a seguridade xurídica que demandan o sector hoteleiro, as administracións e os consumidores e usuarios. A responsable de Turismo da Xunta de Galicia fixo estas declaracións esta tarde nunha sesión formativa sobre a nova normativa que tivo lugar no Club Náutico de Panxón, en Nigrán e que contou coa participación do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
Esta é unha das numerosas xornadas que Turismo de Galicia está a celebrar por toda a Comunidade galega co obxecto de facilitar o acceso á información, achegando directamente as explicacións oportunas a todos os cidadáns que poidan estar interesados na materia.
Durante a mesma, Nava Castro recordou que o Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, que establece a ordenación de apartamentos turísticos e vivendas turísticas e regula por vez primeira as vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia entrará en vigor o día 10 de maio.
Incidiu en que esta regulación obriga ao rexistro público destas vivendas cando se aluguen por un período inferior a 30 días e un mínimo de dúas veces ao ano manténdose para os demais supostos a Lei estatal de Arrendamentos Urbanos
Así mesmo, explicou que este novo tipo de aloxamento turístico poderá ser arrendado tanto por empresas como por particulares. Neste senso, incidiu en que a nova norma obriga ao rexistro público destas vivendas cando se aluguen por un período inferior a 30 días e un mínimo de dúas veces ao ano. “Para os demais supostos de aluguer, mantense como ata o de agora, a Lei estatal de Arrendamentos Urbanos”, afirmou.
A directora de Turismo de Galicia lembrou que esta nova regulación fíxose necesaria debido a que proliferou a tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual, que se viu favorecida pola creación de páxinas web que ofertan este tipo de aloxamentos dun xeito rápido e sinxelo.
“Coa nova norma, a Xunta cumpre unha demanda do sector turístico, o cal manifestou en numerosas ocasións a necesidade de regular este tipo de aloxamento, debido ao seu forte impacto e á competencia desleal que supón respecto do aloxamento turístico regrado”, sinalou Nava Castro. Ademais, engadiu, que servirá para dar garantías de calidade aos usuarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149