Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O Porriño

A AAVV San Benito e San Sebastián solicitará medidas de mellora nos barrios

[Img #31300]

 

A Asamblea anual da AAVV San Benito e San Sebastián celebrouse o 17 de Marzo no salón de actos do Centro Cívico do Porriño cunha ampla asistencia de socios/as. A Asociación constatou unha importante suba de socios e aprobou as contas anuais, que segundo o secretario da Asociación de Veciños, Iván Vaqueiro, por segundo ano consecutivo recolleron “un importante superavit económico polas accións desenvolvidas o que vai permitir impulsar novas actividades nos barrios”.

 

A presidenta da Asociación de Veciños, Carmen Rodríguez Domínguez, anunciou dentro do Plan de Traballo para o 2017, que a Xunta Directiva pretende continuar coas actividades desenvolvidas no ano 2016 e incoporar aquelas propostas veciñais que permitan dinamizar o barrio. As actividades incluirán as tradicionais Festa do Calacú, a Festa do Chouripán, o Certame Literario, as proxeccións de cine nos Barrios, a colaboración coas Festas Ecolóxica e coa Festa dos Cachos e tamén as Andainas Saudables así como actividades deportivas como o Zumba, Pilates,… Se recolleu tamén o sentir de que é preciso que se realicen máis actividades para nenos  e nenas e mozos e mozas, así como a idea de que o Concello debería impulsar a creación dunha Ludoteca Municipal con coidadores/as, algo moi demandado polos veciños e veciñas do Porriño para axudar aos pais e nais traballadores.

 

No apartado de melloras nos barrios, a presidenta da Asociación, Carmen Rodríguez Domínguez afirmou que a Xunta Directiva vai recoller varias reivincicacións veciñais, entre as que destacaron a solicitude de pintado e correcta sinalizacion e vixiancia policial da parada dos autobuses na rúa Domingo Bueno (ocupada actualmente por coches aparcados), o pintado dos pasos de peóns, a mellora das rampas dos barrios ou o saneamento do barrio de San Sebastián, a sinalización e mellora das travesías que atravesan Manuel Rodríguez ou o tratamento dos Barrios no futuro PXOM, foron algúns dos temas tratados na asamblea que a Xunta Directiva se comprometeu a trasladar á Corporación Local, do mesmo xeito que o novo convenio de colaboración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.