Galicia
Inicio da tempada de pesca fluvial
A conselleira de Medio Ambiente sinala o incremento da oferta de pesca sen morte, como un medida para impulsar o necesario relevo xeracional e de conservación dos recursos ictícolas
![[Img #31307]](upload/img/periodico/img_31307.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou esta mañá o papel que xogan os pescadores no coidado da riqueza dos ríos galegos grazas ao feito de practicar este deporte respectando as normas de pesca fluvial. Así o puxo de manifestou durante a súa visita ao Couto de Baio, con motivo do inicio da tempada de pesca fluvial deste ano, onde aclarou que con carácter xeral a talla mínima é de 19 centímetros e a cota máxima de 10 troitas por pescador e día.
Tal e como explicou a conselleira, é imprescindible coidar dos ríos porque son as veas de Galicia, polo que coidar da súa da terra galega é sinónimo de coidar da sociedade. Engadiu que para que esta cadea non se rompa é preciso garantir o relevo xeracional, un obxectivo no que traballa xa a Xunta de Galicia. Nese sentido, sinalou a necesidade de captar novos pescadores entre as idades máis novas, xa que así tamén se garantirá e potenciará a difusión da protección da fauna ictícola e do medio natural, fomentando a pesca sen morte.
A conselleira recordou que na tempada que se inicia hoxe unha das principais novidades é o incremento dos tramos de pesca sen morte, que aumentan nunha lonxitude total de 30 quilómetros. Desde o 2012 os tramos de pesca sen morte pasaron de 199 a 328 quilómetros.
Mato Otero trasladou a colaboración do Goberno galego con este colectivo e coa pesca fluvial, un apoio que quedará refrendado coa posta en marcha do Observatorio dos Ríos Galegos, do que se está a redactar o borrador de decreto polo que se crea, e que terá unha composición disciplinar, con entidades da administración, sociedade civil e institucións do ámbito académico. Neste ámbito, e coa colaboración deste grupo multidisciplinar, realizaranse plans directores para os distintos sistemas de explotación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44