Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Xornada sobre procesos de selección no sector comercio celebrada na Axencia de Colocación de Mos

Asistiron máis de 60 persoas que puideron informarse exhaustivamente sobre este tema grazas á información aportada por representantes de dúas importantes firmas coma Cortefiel e Akí Bricolaje

[Img #31325]

 

O pasado venres 17 de marzo, tivo lugar na Axencia de Colocación do Concello de Mos unha xornada sobre as “Claves para participar nos procesos de selección no sector do comercio”. Nesta xornada, á que asistiron máis de 60 persoas, contouse coa presenza de Lorena Colmeiro Echeverría, Responsable de Recursos Humanos da Zona Norte do Grupo Cortefiel, e de  Jaime Rodríguez Vilas, Xefe de Sector en Akí Bricolaje Mos.

 

A xornada foi promovida polo II Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos, “II PIE Mos 3.0”; e estivo dirixida tanto aos usuarios do II PIE, como a outros usuarios da Axencia Colocación e calquera persoa interesada. O obxectivo foi o de orientar e dar pautas aos asistentes, sobre os procesos de selección de persoal e a xestión dos Recursos Humanos nas empresas do sector de comercio.

 

Ao remate das exposicións, houbo un espazo de rogos e preguntas no que os asistentes tiveron a oportunidade de obter importante e valiosa información, e resolver dúbidas concretas.

 

O  II PIE Mos 3.0, ten previsto realizar dúas xornadas máis deste tipo, unha delas a finais do mes de abril, orientada ao sector da Industria, e outra a finais de maio sobre o sector de Servizos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.