Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 22 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
Val Miñor

“Valmiemprega Xove” finaliza o programa de actividades que levou a cabo en centros escolares

[Img #31327]

 

Valmiemprega Xove, Obradoiro de Emprego promovido polo Concello de Gondomar en colaboración cos municipios de Baiona e Nigrán, e que conta co cofinanciamento de Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo, ven de rematar o seu programa de actividades en centros escolares do Val Miñor.

 

Durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo desenvolveronse actividades de sensibilización e promoción do patrimonio cultural e natural e dos recursos turísticos do Val Miñor a través de charlas didácticas e presentacións dirixidas ao alumnado de Primaria e ESO dos distintos centros da comarca.

 

Durante este período realizaronse un total de 23 accións grupais que beneficiaron a uns 900 escolares dos colexios CEIP Belesar (Baiona), CEIP Cruz-Camos, CEIP Peitieiros, CEIP Souto-Donas, CEIP Fontes-Baíña (Baiona), CEIP Chano Piñeiro (Gondomar), IES Val Miñor (Nigrán) e CEIP Serra-Vincios (Gondomar).

 

No marco desta colaboración cos centros de ensino,  foron organizadas tamén algunhas visitas guiadas para escolares.

 

O Obradoiro agradece aos centros escolares da comarca a boa acollida que tivo dita campaña.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.