Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 22 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas de Salceda denuncian a pasividade do alcalde ante “os problemas reais”

As concelleiras denuncian a falta de xestión do equipo de goberno, mentres se preocupan de viaxar co diñeiro dos veciños e veciñas.

“Os problemas máis importantes do concello de Salceda continúan sen resolver, case dous anos despois de comezar a terceira lexislatura do rexedor” segundo o PSOE local “o Alcalde espera a que a situación esté ó límite para tomar medidas, como é o caso da constitución dunha comisión para a mellora do carril bici que leva varios plenos solicitando o grupo socialista, mentres, continúa a perigosidade e os ciclistas descenden cara Santa María pola propia estrada, xa que o carril bici se lles fai inseguro”, afirma Gela Ledo.


 
[Img #31331]Verónica Tourón, incide en que a falta de xestión é evidente, “o novo centro de saúde segue sen converterse nunha realidade, a accesibilidade do actual centro continúa sen solucionarse, a pesares de que por dous anos consecutivos o noso grupo pediu que se utilizase o Plan Concellos da Deputación para reparar esta situación, obtendo só a negativa por parte do Alcalde”.


 
“Nesta carreira de aparcar temas e non solucionar os problemas reais dos veciños atópase tamén, a ordenación do Polígono Industrial do Cerquido”, unha oportunidade histórica para Salceda, segundo a voceira socialista. “O grupo socialista puxo encima da mesa unha alternativa seria e de total apoio a ordenación do Cerquido, sen movementos que fomentasen a especulación como pretendía o Sr. Alcalde”, pero unha vez máis demóstrase “a falta de transparencia e diálogo do actual goberno local, rexeitando facer as cousas dentro da legalidade”.


 
A pasividade do Alcalde no tema do pago dos expropiados do Raíña Aragonta, é outro dos exemplos- segundo os socialistas-  da falta de xestión, que lle leva a ter que actuar improvisando, a golpe de sentencia xudicial, apurando agora un crédito a longo prazo, no que volve a reinar a falta de transparecia cos grupos da oposición. “No pasado pleno, preguntamos sobre este tema e solicitamos que se nos convocase a unha reunión informativa con tempo suficiente para estudar as condicións do crédito e a situación económica na que queda o concello, unha vez máis temos a convocatoria para a comisión sen ningunha información previa e enterándonos polos propios veciños de que vai celebrarse o pleno”.


 
“Mentres a falta de xestión é evidente en todas as áreas, o Sr. Alcalde viaxa a Bruxelas a lucirse ou a Bos Aires, como volta a facer nos próximos meses, para participar nos actos de celebración do centenario da ‘Casa de Tui’ a costa do peto dos salcedenses”. Dende o grupo socialista queren aclarar que “Verónica Tourón, declinou o convite, entendo que non hai nada que motive que membros da corporación viaxemos a Bos Aires a unha celebración allea ó noso concello e moito menos co diñeiro dos veciños e veciñas”. Engaden que xa “a compañeira Marina Cabaleiro formando parte do goberno denegou o convite, que naquel intre aceptou o voceiro do Partido Popular”.


 
As concelleiras socialistas instan a que “o goberno local se deixe de tanto viaxe e se poña a xestionar os problemas reais dos veciños, que se deixe de tanta publicidade e que non caia outra vez na tentación habitual de deixalo para o tempo de desconto da campaña electoral”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.