PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra súmase ó Día Mundial do Síndrome de Down
A institución provincial aposta por promover a construción dunha sociedade máis inclusiva, xusta, equitativa, plural e democrática.
![[Img #31335]](upload/img/periodico/img_31335.jpg)
A Deputación de Pontevedra súmase este martes, 21 de marzo, ó Día Mundial do Síndrome de Down, co obxectivo de reivindicar a construción dunha sociedade máis inclusiva. A deputada de Cohesión Social, Digna Rivas, representando ao goberno provincial de Carmela Silva, participará activamente mañá ás 20:00 no acto que “Down Galicia” está a organizar na Praza da Pedreira de Pontevedra.
Para a Deputación de Pontevedra é fundamental reivindicar a construción dunha sociedade máis igualitaria, máis inclusiva, na que todas as persoas, coas súas diferenzas, poidan participar activamente nos diferentes ámbitos da sociedade e teñan máis e mellores oportunidades. Por este motivo, a institución provincial aposta por recoñecer as diferenzas e o seu valor engadido e atendelas para atopar posibilidades de estar en sociedade e configurar unha vida máis xusta, equitativa, plural e democrática.
Neste contexto, o novo goberno da Deputación de Pontevedra está a impulsar programas e actividades, ben a través das áreas de Cohesión Social e Xuventude, ben de Emprego, Recursos Humanos ou Deportes, nos que a igualdade, a diversidade e a inclusión son aspectos fundamentais. Así, por vez primeira, o goberno provincial está a favorecer que nenas e nenos con Síndrome de Down e diversidade funcional poidan participar nos Campamentos da Lanzada, que poidan ter opcións de ocio e tempo libre mediante o programa “En ruta coa Depo”, que poidan ter acceso a un posto de traballo a través de programas como “Depoemprega” ou bolsas de emprego, e tamén por vez primeira se está a incluír ós clubs de deporte adaptado nas convocatorias de subvencións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149