Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 23 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A escritora Montse Fajardo presentou o seu libro “Un cesto de mazás”

Os actos, organizados pola Oficina da Igualdade con motivo do Día da Muller, continúan esta semana con actividades e obradoiros para alumnado de primaria e secundaria.

[Img #31373]


 

Dentro das actividades programadas pola Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño con motivo do Día Internacional da Muller, a xornalista e escritora Montse Fajardo, presentou na noite do pasado venres, nun emotivo acto celebrado no Mercado Municipal, os seus libros “Un cesto de mazás” e “Matriarcas”, nas que relata varios casos de mulleres represaliadas no ’36 e anos sucesivos.

 

Acompañaron á escritora, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, Xosé Lois Vilar, do Instituto de Estudos Miñoranos; Luis Bará, autor de “Non des a esquecemento”.


Segundo as palabras da autora “Un cesto de mazás é unha homenaxe imprescindibel ás vítimas silenciadas da nosa recente historia”. A autora reuniu as historias de varias mulleres e nenas que tiveron que seguir adiante, logo de perder a súa familia nos anos da ditadura franquista. “A historia verdadeira empeza cando lles matan aos seus familiares e teñen que sobrevivir e convivir co terror”, explicou a escritora.

 

Por outra banda e continuando co programa de actos organizados por Igualdade, o sábado 18 de marzo, tamén ás 20.30h, no Auditorio de Goián, proxectouse a película “Sicixia”, do director Ignacio Vilar, director da exitosa “A Esmorga”.


A programación continúa esta semana con actividades e obradoiros dirixidos ao alumnado dos colexios de Primaria e Secundaria do municipio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.