MOS
O CIM de Mos estará funcionando esta mesma primavera
A Secretaria Xeral de Igualdade visitou onte as dependencias onde se ubicará e que se atopan xunto ao Concello, no edificio de Urbanismo e Servizos Sociais.
![[Img #31380]](upload/img/periodico/img_31380.jpg)
A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou onte o Concello de Mos para abordar o tema da vindeira apertura dun Centro de Información á Muller en Mos. Estivo acompañada da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, da concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, das tamén edís mosenses Julia Loureiro e Kely Monzón, das traballadoras do departamento municipal de Servizos Sociais e dalgunhas das integrantes do Grupo de Teatro Mulleres na Igualdade. Coas mulleres do grupo de teatro López Abella comentou a posibilidade de que interpreten próximamente unha obra dentro da programación de igualdade da Secretaría Xeral, así como tamén manifestou o seu interese por vir a velas actuar a Mos.
A secretaria xeral reuniuse primeiramente con todas estas mulleres mosenses, -representantes municipais, técnicos de Servizos Sociais e actrices-, para logo visitar as futuras instalacións do CIM, sitas no edificio municipal no que actualmente se atopan os departamentos de Urbanismo e Servizos Sociais e que conta con dúas estancias valeiras e dispoñibles para destinar a este novo centro, que ademais, atoparase ubicado a poucos metros da Casa Consistorial.
O CIM de Mos abrirá as súas portas e entrará en funcionamento antes do vindeiro mes de maio e contará como persoal traballador cun/cunha pisicólogo/a, un/unha xurídico/a e un/unha director/a. O posto de director/a poderá ser desempeñado polo/a psicólogo/a ou o/a xurídico/a.
Nos próximos días a concelleira Sara Cebreiro e a psicóloga municipal desprazaranse ata Santiago de Compostela, ás oficinas da Secretaría Xeral da Igualdade, para recibir orientación e asesoramento técnicos para botar a andar canto antes este novo CIM mosense.
A finais do pasado mes de febreiro anunciábase xa dende a administración local mosense que se estaba a xestionar coa Xunta de Galicia a creación dun Centro de Información á Muller na localidade e que se estaba a traballar nun proxecto que lle sería presentado á Secretaría Xeral da Igualdade. Pois ben, este novo CIM para Mos e xa case unha realidade, estando prevista a súa apertura para a presente primavera.
Actualmente os e as mosenses que solicitan os servizos do CIM, deben acudir ó da veciña localidade do Porriño, feito que cambiará coa implantación dun Centro en Mos, que lles evitará aos/ás usuarios/as ter que desprazarse.
Unha vez creado, o CIM de Mos será o número 22 da provincia de Pontevedra, e o 81 Centro de Información á Muller de Galicia, xa que actualmente existen 80 na Comunidade Autónoma Galega.
Neste sentido a rexedora local destacou o labor municipal de xestión a prol da igualdade e de defensa das mulleres.
Nidia Arévalo explicou que “o goberno autonómico de Alberto Núñez Feijóo inviste nos CIM o dobre do que investía o goberno encabezado por Touriño”. Engade que “as cifras falan pos sí soas e no último ano de Touriño como presidente da Xunta de Galicia, que foi o 2009, investíronse en total nos CIM galegos 2.411.700 euros, mentres que Núñez Feijóo fixo unha inversión o pasado ano 2016 de 4.235.331 euros”.
Os Centros de Información ás Mulleres son un servizo de titularidade municipal que, entre outras actividades, proporciona asesoramento xurídico e atención psicolóxica especializada tanto a maiores de idade coma ás persoas menores, orientación profesional, teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero, información dos recursos e máis información encamiñada a conquerir a igualdade.
Os 80 CIM galegos existentes actualmente reciben preto de 80.000 consultas anuais (das cales preto de 30.000 son para atención psicolóxica e 10.000 de vítimas de violencia de xénero) e atenden a preto de 20.000 persoas anuais. 20.000 persoas que son na súa maioría mulleres novas, con fillos, cun nivel básico de estudos e das que o 38% está en situación de desemprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158