MOS
Mos realiza o levantamento topográfico para a nova senda de Torroso
O tramo, de preto de quilómetro e medio de lonxitude, unirá As Pozas co núcleo de Seixabre.
![[Img #31386]](upload/img/periodico/img_31386.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde alcalde e natural da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, e o arquitecto municipal estiveron onte cos dous topógrafos que están a realizar o levantamento topográfico necesario para a realización do proxecto da nova senda peonil que se acometerá en Torroso.
A rexedora local explicou que a obra consistirá na execución dunha nova senda para peóns e ciclistas de 2 metros de ancho, cunha lonxitude aproximada de 1,4 quilómetros, entre a glorieta situada no Camiño das Pozas (Contorna do Edificio Multiusos) e o cruzamento da Estrada do Adrovello e Cesáreo Iglesias.
A nova senda estará ao mesmo nivel que o aglomerado de circulación de vehículos, para o que será necesario ampliar a plataforma viaria actual. Onde sexa necesario, proxectaranse muros de pedra para contención da nova senda. Precisamente para abordar este tema cos posibles propietarios afectados celebrarase unha reunión o vindeiro venres, día 24 de marzo, ás 20.00 horas na antiga sede do Centro Cultural de Torroso.
Nestes momentos está a estudarse a maior conveniencia entre os diferentes acabados de pavimentos para a senda a nivel, como aglomerado coloreado ou xabre arenoso tratado con cemento branco, por exemplo.
Os obxectivos desta senda que se acometerá na Estrada de Adrovello entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso) son comunicar peatonalmente ambos núcleos e mellorar a seguridade vial, xa que son moitas as persoas que diariamente realizan a pé este traxecto.
Os representantes municipais estiman que a inversión aproximada prevista inicialmente para a acometida deste proxecto rondará os 350.000 euros. A mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona é unha das principais prioridades do goberno local nesta que denominan “a lexislatura das persoas”. Grazas a esta nova senda os peóns terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Posto que se trata dun tramo que, como se dixo, reúne cada día a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158