Viernes, 26 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 23 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A presidenta do Consorcio de Augas do Louro presenta unha nova APP

Permitirá aos usuarios tramitar dende o seu móbil calquera tema relacionado co subministro

[Img #31387]

 

A alcaldesa do Porriño, coma presidenta do Consorcio de Augas do Louro, asistiu este mércores, xunto cos alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada, á presentación, coincidindo co ‘Día Mundial da Auga dunha nova APP que permitirá ás veciñas e veciños dos concellos de Mos, Salceda, Tui e O Porriño, xestionar dende o teléfono móbil todo canto se refira ao servizo de subministro de auga.


A nova APP, que ten por nome Smart Aqua e que pode baixarse dende Play Store, facilita aos usuarios xestións coma o pago de recibos, cambio de titular do subministro, facer reclamacións, tramitar consultas, remitir avisos sobre problemas no servizo as 24 horas do día e en tempo real, consultar os seus recibos, os históricos de pago, mesmo, enviando una fotografía, activar un servizo de “xeo-localización que permite aos técnicos do Consorcio actuar ou acudir ao lugar no que se produza un fallo ou unha avaría”.


Eva García de la Torre lembrou, ademais que coincidindo co Día Mundial da Auga ponse en marcha o II Concurso de Debuxo convocado polo Consorcio que este ano subliñará a importancia da xestión a auga.


A presidenta do Consorcio de Augas do Louro non so amosou a súa satisfacción polo lanzamento da APP, “que cumpre unha das nosas obrigas que é facilitarlle a vida aos cidadáns que agora poderán facer todo tipo de xestións so co seu móbil”, senón que reclamou a necesidade de “facer pedagoxía sobre o valor que ten o luxo do que gozamos de poder abrir a billa e ter auga limpa e potable”.


García de la Torre reivindicou o traballo “esencial” que se fai na EDAR de Augas do Louro, “no que atangue ao tratamento da auga, evitando a súa contaminación e garantindo a súa pureza”, e, principalmente, no eido da investigación, “que é un grande descoñecido polos cidadáns”.


O traballo dos científicos, engadiu, “permite garantir a calidade da auga e, ao tempo poder utilizar todos os recursos que ofrece”, mesmo aproveitar os residuos que se eliminan da mesma, e puxo coma exemplo  o aproveitamento do metano dos mesmos para mover os vehículos do propio Consorcio.


Eva García de la Torre lembrou que por mor do Cambio Climático a auga, “mesmo aquí” empeza a ser un ben finito, por iso “o tratamento, o estudo, a depuración, a investigación da auga é hoxe completamente esencial e debe ser unha prioridade, porque afectará ao noso futuro”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.