TOMIÑO
Unha perruquería de Goián entrega 1.573 euros para axudar ás familias con menos recursos
Seguen á venda nos mesmos puntos, outros 500 exemplares ao prezo de 3€ cada un.
![[Img #31391]](upload/img/periodico/img_31391.jpg)
Manel Riveiro, propietario dunha perruquería de Goián (Tomiño), foi o impulsor dun calendario solidario, no que participou de forma altruísta máis dunha vintena de clientes, que fixeron as veces de modelos nas sesións fotográficas.
O custe correspondente á venda dos 500 primeiros calendarios (fixeron 1000) foi entregado onte ao Concello de Tomiño, para que este o reparta entre as familias máis necesitadas do municipio. A alcaldesa, Sandra González, acompañada pola concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, recibiu a doación, por importe de 1.573,00 euros, e agradeceu a labor de todas as persoas que fixeron posible esta axuda tan importante, que se dedicará a gastos de primeira necesidade, segundo explicou a rexedora.
Manel Riveiro Peluquer@s & Estética contou con moitos colaboradores; fotógrafos, estilistas, deseñadores gráficos e patrocinador. As fotos foron realizadas por Phototeca B&N de A Guarda; Cocktail de Ideas, de Vigo, tivo ao seu cargo o deseño gráfico, e o propietario de Procabelo, Manuel Ferreira, foi o patrocinador da fabricación dos calendarios.
O promotor da campaña, salientou a xenerosidade da xente que fixo doacións, independentemente da compra do calendario
Manel Rivero, indicou que seguen á venda nos mesmos puntos (1) outros 500 exemplares ao prezo de 3 euros cada un. Asemade, o promotor da campaña, salientou a xenerosidade e espontaneidade da xente que fixo doacións, independentemente da compra do calendario.
Puntos de venda:
PHOTOTECA B&N. Rúa Tomiño. A Guarda.
DON BRICO. A Guarda.
MANEL RIVEIRO PELUQUER@S & ESTETICA. Avda. Ordoñez (Goian. Tomiño).
CONFECCIONES ISABEL. Rúa Gondomar. Tomiño .
ADETO. (Oficina en Tomiño).
YOAPEL. Rúa Maristas. Tui.
COKTAIL DE IDEAS. Rúa Hispanidad. Vigo.
ACADEMIA ARTURO. Rúa Oporto. Vigo.
GASTON TATOORTLE. Rúa Manuel Lemos. Ramallosa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149