Provincia
Actívase o protocolo de frío para garantir a seguranza viaria nas estradas provinciais
![[Img #31395]](upload/img/periodico/img_31395.jpg)
A Deputación ven de activar o protocolo por neve para garantir a seguranza viaria na rede provincial. Segundo explicou o vicepresidente César Mosquera, estase a esparexer sal de forma preventiva para evitar as placas de xeo, realizando percorridos polas vías consideradas máis conflitivas na provincia, sobre todo nos concellos do interior e nas comarcas do Deza-Tabeirós e Condado-Paradanta. Así mesmo, as brigadas de mantemento están en garda localizada 24 horas co fin de atender incidencias, a maquinaria está operativa e, no caso de ser preciso, actuarase tamén con empresas externas para garantir que todas as estradas provinciais estean abertas ao tráfico en condicións de seguranza viaria.
No día de hoxe, dende primeira hora, estiveron activas as máquinas de esparexer sal (situadas nos parques de Codeseda e Ponteareas), que traballaron sobre todo no concello de Rodeiro, así como o camión quitaneves do parque de Lalín. Tamén estivo a disposición das brigadas a maquinaria motoniveladora do parque de Pontevedra (en horario laboral).
En canto ás provisións de sal, a Deputación iniciou o inverno cunha partida de 100 toneladas que repartiu entre os catro parques de maquinaria da provincia. Foi necesario realizar un segundo contrato de abastecemento e a día de hoxe o parque de Ponteareas conta con 40 toneladas en reserva, o de Codeseda con outras 40, Lalín ten 35 toneladas e o parque de Pontevedra dispón de 25 toneladas.
Segundo explicou Mosquera, o protocolo por frío e neve actívase de xeito automático sempre que existe unha previsión de baixada das temperaturas, xa sexa por alerta amarela, laranxa ou vermella dende os servizos meteorolóxicos. Os percorridos preventivos das brigadas de mantemento están estandarizados e as actuacións por situación de urxencia tamén, xa que os avisos chegan automáticamente dende o 112 ao servizo de Vixilancia provincial, que advirte ás brigadas da zona correspondente a calquera hora do día. Tamén se reciben chamadas de representantes municipais, policías locais e incluso veciños afectados, que se unen ás incidencias detectadas polos propios servizos provinciais.
No caso da existencia de neve téñense dado casos de actuacións por parte das brigadas para retirar neve da calzada e garantir o paso de ambulancias medicalizadas que transportaban enfermos por urxencias ou por tratamentos programados como diálise ou quimioterapia.
A previsión para estes días, en calquera caso, é de relativa tranquilidade, xa que non se prevé unha vaga de frío moi intensa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149