SALCEDA DE CASELAS
Salceda leva a Pleno o pago definitivo aos expropiados polo Raíña Aragonta
Someterase a votación plenaria a financiación a través dun préstamo para pagarlles aos sete propietarios/as afectados/as.
![[Img #31430]](upload/img/periodico/img_31430.jpg)
O Equipo de Goberno de Salceda de Caselas leva a un Pleno Extraordinario este venres a proposta de modificación orzamentaria para autorizar unha operación de crédito a longo prazo destinada ao pago dos terreos expropiados polo anterior Goberno do PP para a construcción do Parque Raíña Aragonta. Daquela, sete propietarios non aceptaron os 24,04 €/m2 que lles ofreceu o Concello e recurriron ao xustiprezo, que lles recoñeceu 201,06 €/m2, ratificado despois polo TSX de Galicia no ano 2013.
Dende aquela, o novo Goberno do Concello leva afrontado xa o pago de 327.101,99 €, aos que hai que sumarlles un novo pago de 127.101,99 € que se fará nos vindeiros días. As últimas sentenzas do TSX obrigan ao Concello a facer pagos en curtos períodos de tempo, o que pon en perigo a estabilidade orzamentaria do Concello, podendo causarlle serias dificultades á hora de manter servizos básicos para a cidadanía.
O Equipo de Goberno de Movemento Salceda, plantexa como a única opción a solicitude dun préstamo de 789.723,63 €, que permita que dunha vez por todas os/as propietarios/as poidan cobrar o que se lles debe, unha vez que os datos económicos do Concello permiten por vez primeira realizar esta operación. Ademais, o crédito suporía un importante aforro para as arcas municipais e, por conseguinte para a veciñanza, no referente aos xuros que está a supoñer a demora no pagos. Así se lles trasladou nunha xuntanza aos propietarios/as, na que se lles informou dos pasos a dar para zanxar canto antes a situación.
A aprobación deste único punto da orde do día precisa contar con maioría simple, polo que os votos a favor do Goberno Municipal son suficientes para a aprobación e a solución definitiva.
Jose Luis González, Concelleiro de Facenda: “Estamos en condicións de solicitar a operación de crédito, xa que o nivel de débeda financeira do Concello se atopa nun 20,85% dos ingresos anuais, moi inferior ao 75% establecido por lei. Vai supoñer ademais un aforro importante en xuros de demora, polo que confiamos que o Pleno da Corporación non vai ter dúbidas á hora de permitir a súa aprobación”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda: “Este Goberno cumpre os seus compromisos, e así o imos a facer tamén cos expropiados do Raíña Aragonta. O venres decídese se dunha vez por todas poderán cobrar o que se lles debe, e dende o primeiro momento teñen o noso compromiso de voto favorable para que así sexa”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149