Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 26 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Escolares de Ponteareas deseñan e planifican un camiño escolar

O proxecto, no que participa alumnado de tres centros, será presentado na I Bienal de Arquitectura Xuvenil (LUDANTIA).

[Img #31449]

 

Alumnas e alumnos dos centros educativos, IES do Barral, IES Val do Tea e CEIP Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas traballan, dende o pasado mes de febreiro, no deseño, planificación e execución parcial dun proxecto conxunto que ten como finalidade crear un “camiño escolar” que una os tres centros educativos.


Trátase de habilitar unha ruta peonil, segura, respectuosa co medio ambiente e que que propicie as relacións entre o alumnado. A iniciativa busca involucrar nela non só a comunidade educativa, senón aos veciños e veciñas en xeral. As reunións de traballo son desenvolvidas polos equipos seleccionados por cada centro escolar, composto por alumnado e profesorado voluntario e que contan co asesoramento de dúas arquitectas designadas polo Colexio de Arquitectos.


O proxecto destes centros educativos ponteareáns, que conta co apoio do Concello de Ponteareas a través da Concellería de Ensino que xestiona Cristina Fernández, foi presentado a Ludantia, I Bienal Internacional que se celebrará en 2018 na cidade de Pontevedra. Este encontro, no que se compartirán experiencias con outras iniciativas de 21 países, que xa figuran inscritos,  recollerá experiencias sobre Arquitectura e Educación coa finalizade de recuperar o espazo urbano para os xogos dos máis pequenos.

 

 

 

 

A Bienal, que se celebrará en 2018 en Pontevedra, xa conta coa inscrición de propostas escolares de 21 países

 

 

 


A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, destacaba “a importancia que supón para Ponteareas, a unidade e colaboración que amosan as direccións e profesorado destes centros escolares, que coas ideas e traballo do alumnado farán posible unha actuación urbanística propia que facilite a convivencia e mellore o medio ambiente en Ponteareas”.  A concelleira ponteareá aseguraba a “firme vontade do Goberno local” de facer realidade o proxecto “e levar a cabo as actuacións deseñadas polo alumnado”.


Con esta finalidade, o Concello de Ponteareas porá a disposición do alumnado, planos urbanísticos e a información técnica que necesiten e sexa requirida para a execución dos proxectos.


O alcalde, Xosé Represas expresaba o seu convencemento de que “é preciso facer que os nenos e nenas fagan seu o territorio local no que ter espazos propios de lecer”.


Nese sentido, matizaba Represas, “é prioritario dispoñer dunha cidade onde a veciñanza sexa partícipe do seu deseño, permitindo ser máis responsables e mellorar  a calidade de vida de todos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.