Provincia
O SAIM da Deputación de Pontevedra fixo máis de 250 informes para concellos da provincia
A Presidenta provincial, Carmela Silva calificou o SAIM como “un servizo fundamental para os concellos de menos de vinte mil habitantes que hai que poñer en valor
![[Img #31459]](upload/img/periodico/img_31459.jpg)
O Servizo de Asistencia Intermunicipal (SAIM) da Deputación de Pontevedra fixo máis de 250 informes de asesoramento en diversas materias para os concellos da provincia de Pontevedra. A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou na presentación do balance do SAIM que un dos obxectivos deste goberno provincial é prestar asistencia e cooperación, ben xurídica, económica ou técnica, aos concellos “que ademais é unhas das nosas competencias”.
Silva destacou que desde que chegou ao Goberno “apostamos por impulsar un servizo, que ata o momento estaba dotado de escasos recursos económicos e humanos, como é o de Asistencia Intermunicipal e que agora está dando os seus froitos o que demostra o necesario que é que existan organismos intermedios que apoien, faciliten e axuden ós pequenos concellos non só con achegas para levar a cabo grandes investimentos, senón tamén nas tarefas diarias de xestión, administración, xurídicas, técnicas ou de tramitación”.
Segundo a Presidenta o SAIM realizou o ano pasado 124 informes de Asesoramento xurídico-administrativo aos concellos (sobre persoal, urbanismo, procedemento administrativo, facendas locais, bens, organización, subvencións, medio ambiente, expedientes de contratación, etc.). E outros 121 informes e documentos dando soporte administrativo (pregos para expedientes de contratación, modelos de ordenanzas e bandos, bases de procesos selectivos, expedientes disciplinarios, circulares e notas informativas, nomeamento de funcionarios da Deputación para participar en tribunais de procesos selectivos dos concellos da provincia, etc.).
Ademais o SAIM participou en ciclos formativos con cinco cursos para 80 funcionarios e na tramitación administrativa de diversos convenios administrativos coas universidades e os concellos.
Silva concluíu que se trata “dun servizo fundamental que, sobre todo, presta atención os concellos de menos de vinte mil habitantes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149