MOS
Mos acomete un muro na Veigadaña incluído nun plan municipal de obras no Camiño de Santiago
A construción, de 60 metros de longo e 6 metros de altura máxima, constituía unha importante demanda veciñal.
![[Img #31496]](upload/img/periodico/img_31496.jpg)
A semana pasada comezaron os traballos de construción dun muro de contención en Veigadaña. Dito muro inclúese no plan de obras municipal que está a desenvolver o Concello de Mos ao longo do tramo do Camiño de Santiago que transcorre pola localidade mosense.
A obra de acometida do muro en Veigadaña está a ser financiada con fondos propios e conta con supervisión técnica municipal. Tal e como explican a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras mosense, Luis Alonso, trátase dunha construción de 60 metros de longo e cunha altura ascendente que vai dende 1 metro de altura na parte máis baixa a 6 metros de altura na parte máis alta.
O inicio dos traballos retrasouse un pouco no tempo debido ao desprendemento de terras causado polas inclemencias meteorolóxicas.
O obxectivo deste muro é a contención do talud que se atopa baixo a estrada que chega ata o local da Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña, que funciona tamén como Albergue de Peregrinos. Así mesmo tamén se persegue coa acometida do muro a optimización da serguridade viaria dos peóns, tanto dos veciños/as coma dos peregrinos/as, sobre todo tendo en conta que na parte baixa do talud hai instalado un parque infantil.
Durante a súa visita ás obras, á que acudiron acompañados polo tenente alcalde Alberto Méndez, Arévalo e Alonso declararon sentirse “moi satisfeitos coa realización desra obra que era una importante demanda dos veciños da zona e que por fin é xa unha realidade”.
Ademais do muro construiranse tamén unhas escaleiras na marxe esquerda da Asociación de Veciños, que se dotarán dunha barandilla. Barandilla que tamén se instalará ao longo do muro.
O edil de Vías e Obras informou ademais de que se está a estudar a posibilidade de acometer, a maiores e unha vez rematadas estas obras, unha beirarrúa que comunique a parte alta do local da asociación e o Torreiro da Festa. E Luis Alonso anunciou, por último, que ao longo desta semana o muro de contención quedará rematado.
Outras obras
Esta iniciativa únese a outras no que representa un proxecto integral de mellora do Camiño de Santiago. Este plan inclúe ademais outras catro obras de gran importancia como son a da pasarela en Amieirolongo, a optimización da seguridade viaria para os peóns na Estrada Nacional 550, a construcción dun muro de contención dun talude en A Rúa, e a restauración do cruceiro do Santísimo Cristo da Victoria nos Cabaleiros.
O proxecto de mellora integral implica tamén o replantexamento dun tramo perigoso para os viandantes. O tramo alternativo dunha parte do traxecto do Camiño que transcorre por Mos trata de evitar os dous puntos negros máis perigosos, que se atopan entre Amieirolongo e a Veigadaña e son unha curva na estrada N-550 na que hai que cruzar e a vía do tren que hai que cruzar a pé tamén. Con esta alternativa evítase ter que cruzar nestes dous puntos.
A pasarela peonil que cruzará o nó de Amieirolongo en Sanguiñeda, que enlazará o punto quilométrico 306 da A-52 coa Nacional 550, zona onde se atopan situadas varias superficies comerciais, será acometida próximamente polo Ministerio de Fomento, investindo un orzamento de 130.000 euros; para o que xa conta co proxecto aprobado, permiso de Patrimonio e coa cesión dos terreos por parte do Concello de Mos.
Con esta pasarela evitarase que os peregrinos (así coma calquera outro viandante e/ou veciño) teñan que cruzar a estrada Nacional 550 no perigoso cruce de Amieirolongo.
O Cristo da Victoria, situado nos Cabaleiros, data de 1612 e está protexido por Patrimonio. A primeira escritura na que figura o cruceiro é do ano 1673. O proxecto de restauración, cun orzamento total de obra que ascende a 16.348,90 euros, consiste en eliminar líquenes e contras (mediante diferentes técnicas de limpeza e aplicación de biocidas), eliminar o encintado de cemento e policromía sintética actuáis, eliminación das intervencións pouco adecuadas como: o repintado, a colocación de valo metálico, a estrutura metálica para luces na parte superior; soterrar a liña eléctrica que afea o ben, e o amaño da contorna.
Ademais tamén se está a acometer a construcción dun muro de contención na Rúa, no contorno do Pazo de Mos. Os traballos teñen o obxectivo de conter o talud e solucionarán a situación de incomodidade que lles supoñen aos veciños da zona os frecuentes desprendementos, que se solucionarán co novo muro de contención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180