GALICIA
Feijóo salienta a tarefa común do xornalismo, da historia e da política para saber de onde vimos, onde estamos e cara a onde imos
“Temos o vencello común de Galicia. A responsabilidade de contala, de proxectala no futuro mediante a historia e de intentar contribuír ao seu goberno”, asevera.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, na entrega do Premio Xornalístico Puro Cora, a tarefa común do xornalismo, da historia e da política para saber de onde vimos, onde estamos e cara a onde imos. “Temos o vencello común de Galicia. A responsabilidade de contala, de proxectala no futuro mediante a historia e de intentar contribuír ao seu goberno”, aseverou.
“Grazas aos medios de comunicación sabemos que non estamos sos, que somos seres sociais capaces de construír unha patria; e grazas á historia, sentímonos peregrinos polo tempo, debedores do que fixeron os nosos pais e responsables da realidade que vivirán os nosos fillos”, dixo, ao que engadiu que sen historiadores e sen periodistas, o país carece do substrato imprescindible para ser algo vivo, e o gobernante goberna unha realidade informe.
Incide na idea de que a política ten que sustentarse nun país real para aproximalo ao país ideal: “A nosa misión non é negar a realidade, senón tratar de transformala co maior consenso e a menor tensión social posible”, di
Logo de precisar que as verdades periodísticas, históricas ou políticas son susceptibles de matizacións, interpretacións e opinións, pero teñen unha base certa que permite o debate, Feijóo incidiu na idea de que a política ten que sustentarse nun país real para aproximalo ao país ideal.
“Realismo e idealismo non están enfrontados. Ambos son necesarios na acción de goberno. A nosa misión non é negar a realidade, senón tratar de transformala co maior consenso e a menor tensión social posible”, afirmou, aseverando que, por fortuna, a Galicia dos nosos días deixou atrás as políticas de todo ou nada.
O titular da Xunta concluíu a súa intervención referíndose ao organismo que preside o premiado Ramón Villares como un actor fundamental que non soamente preserva, senón que tamén proxecta o que somos e non queremos deixar de ser.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184