Miércoles, 24 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 29 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

O Goberno de Carmela Silva aproba achegas por valor de máis de 120.000 € para Arbo e Salvaterra

As achegas enmárcanse na cuarta concesión aprobada da liña 1, investimentos, a través da cal xa se distribuíu preto dun millón de euros nos concellos da provincia.

[Img #31501]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar a cuarta concesión de subvencións ao abeiro da liña 1 de investimentos do "Plan Concellos 2017". Dous dos concellos beneficiarios destas novas achegas son os de Arbo e Salvaterra de Miño, que recibirán en conxunto máis de 120.000 € por parte da institución provincial para o financiamento de diversos investimentos nas súas vilas escollidos polos propios gobernos municipais.

 

En concreto, Carmela Silva anunciou que Arbo recibirá 63.529,84 euros con destino ao financiamento do acondicionamento das piscinas municipais do concello e, no caso de Salvaterra de Miño, a cantidade de 60.397,04 € coa finalidade de realizar melloras nos accesos da travesía escolar. Con esta aprobación da Xunta de Goberno da institución provincial, as vilas do Condado e da Paradanta reciben un investimento total situado en 123.926,88 €.

 

Carmela Silva sinalou que se trata "unha vez máis de axudas que permiten aos concellos facer fronte aos servizos básicos, dereitos, equipamentos e estruturas municipais, cousa que non fai ningunha outra administración nos concellos de menos de 20.000 habitantes da nosa provincia".

 

A presidenta provincial sinalou que o investimento aprobado ata o momento en liña 1 sitúase próximo ao millón de euros, e matizou que "esta liña sempre vai máis lenta porque os concellos teñen que presentar e redactar os seus proxectos, pero a partir de agora comezarán a entrar de forma continuada moitos proxectos para os que este ano dispoñemos dun investimento de 25.750.000 euros fronte aos 25.000.000 do exercicio anterior", isto é, un incremento de 750.000 €. Esta cantidade dedicada á liña 1 do "Plan Concellos 2017" supón o 62,5 % do conxunto do Plan, que está dotado dun investimento de 41,2 millóns de euros, o 3 % máis que no caso do "Plan Concellos 2016".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.