Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 29 de Marzo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación pon a disposición dos concellos costeiros as máquinas limpa praias provinciais

A maquinaria poderá cederse de forma conxunta a agrupacións de concellos.

[Img #31502]

 

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou esta semana que a Deputación xa puxo a disposición dos concellos costeiros da provincia as catro máquinas limpa praias do parque provincial. O responsable nacionalista indicou que, dada a proximidade da temporada alta, tanto de Semana Santa coma do verán, xa está aberto o prazo de solicitude e estanse a coordinar as cesións.

 

Segundo indicou Benítez "o obxectivo do departamento de Mobilidade é realizar o reparto da maquinaria de xeito ordenado e racional e non en función doutros criterios partidistas en función de ‘amiguismos'". Os concellos que poderán solicitar as máquinas son Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Poio, Marín, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. Quedan fóra do reparto os concellos de Vigo e Pontevedra por considerar que teñen medios propios suficientes para tender as necesidades de mantemento das súas praias.

 

 

 

 

A Deputación concederá as cesións por un prazo de 15 días prorrogables outros 15 baixo petición e dispoñibilidade. As solicitudes poderán ser presentadas polos concellos de xeito individual, así como tamén por parte de agrupacións de municipios (xa sexan mancomunidades ou simplemente de concellos que teñan asinado un acordo de colaboración a este efecto).

 

 

 

 

Neste último caso, e en función do número de peticións e dispoñibilidade, facilitaráselles a correspondente máquina limpa praias ás agrupacións durante todo o verán para que estas sexan as que regulen o seu funcionamento de forma autónoma. A máquina, así, pasaría a ter a súa base de saída no lugar acordado polos concellos –instalacións municipais-, de xeito que se eliminaría o desprazamento dende o parque provincial de Pontevedra en cada traballo, facendo máis operativo o uso. O pasado verán varios concellos optaron xa por esta fórmula: os da mancomunidade do Morrazo,  Sanxenxo e O Grove.

 

En todos os casos a Deputación comprométese a poñer a disposición a maquinaria en bo estado de conservación, así como a trasladala ao punto fixado polo concello peticionario. Un representante municipal debe asinar a acta de cesión no momento da entrega asumindo as condicións establecidas para o préstamo.

 

Pola súa banda, o concello debe achegar o persoal necesario para manexar a máquina, a cabeza tractora e o combustible, e será responsable da ocupación de terreos particulares, da reposición de bens afectados, da obtención de permisos para actuar nos areais e de recoller os materiais non aproveitables producidos. É fundamental, segundo obriga a Deputación, respectar o contorno ambiental.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.