NIGRÁN
Nigrán vólcase coa biopsia líquida
O Auditorio Municipal de Nigrán acolleráhoxe, xoves, as 20.00 h, unha conferencia na que a dra. Teresa Curiel explicará os pormenores e as vantaxes desta nova técnica que está a revolucionar o mundo da oncoloxía: a biopsia líquida.
Son xa máis de 330.000 euros os acadados ata o momento pero Oncomet precisa chegar aos 500.000 euros nos 15 días que quedan de campaña polo que se apela á colaboración das grandes empresas galegas xa que a resposta cidadá está a ser inmellorable.
O resultados do estudo da biopsia líquida permitirán abrir novas vías de tratamento e ampliar o número de pacentes adiantándonos no diagnóstico dos doentes de cancro e tratar a enfermidade en estadíos máis trempranos, seleccionando así mellor os tratamentos.
O Pazo de Cea amosa o seu compromiso coa campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida posta en marcha en xaneiro polo grupo de Oncoloxía Médica Traslacional de Santiago de Compostela e organiza para o vindeiro sábado un evento cuxos beneficios serán donados íntegramente ao estudo de Oncomet.
“Organizamos unha festa benéfica para colaborar co estudo da biopsia líquida no que haberá música en directo con Cómplices e Miguel Costas, ademáis de Dj´s e outras sorpresas” sinalan desde a organización. “Contaremos ademáis cos habituais posts de comida para que disfrutemos dunha gran noite e por unha gran causa”.
Os interesados poden mercar aínda a súa entrada por só 10 euros en puntos de venda: PENJAMO SunBAr, Albatris Lounge-Bar, El Ensanche (Music Club Vigo) e por suposto, no propio Pazo de Cea.
Quedan 14 días para conseguir chegar aos 500.000 euros precisos para a compra do equipamento e a contratación do persoal necesario para continuar co estudo da biopsia líquida, unha técnica revolucionaria que conseguiría mellorar a calidade e a esperanza de vida dos doentes de cancro.
Aínda é posible colaborar con Oncomet. Os interesados poden facelo a través da plataforma web www.oncomet.es, de trasferencia bancaria, enviando un SMS con la palabra CANCRO ao número 28014 para aportar 1,20 euros ou ao número 38014 para aportar 6 euros. Ou incluso a través do teléfono 981 955 344.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149