GALICIA
A Xunta participa en Madrid na constitución do Consello Nacional de Protección Civil
![[Img #31520]](upload/img/periodico/img_31520.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta semana en Madrid na constitución do Consello Nacional de Protección Civil, un acto que estivo presidido polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido. Na xuntanza tamén tomaron parte conselleiros doutras comunidades autónomas e representantes da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Este Consello foi creado pola Lei 17/2015 de 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, e vén a substituír á actual Comisión Nacional. Ata agora, este órgano estaba integrado por directores xerais, pero o novo Consello pasa a estar formado polo ministro e conselleiros competentes na materia, así como polo presidente da FEMP. O seu obxectivo é ser unha ferramenta de cooperación entre o Estado e as comunidades autónomas nos asuntos relacionados coa Protección Civil coa finalidade de contribuír a unha actuación eficaz, coherente e coordinada fronte ás emerxencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184