GALICIA
A Xunta outorga os ‘Premios Coopera’ a tres mancomunidades para poñer en valor a colaboración entre concellos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a entrega destes recoñecementos a proxectos de cooperación local innovadores.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu onte a entrega dos Premios Coopera 2016, que teñen como obxectivo recoñecer a traxectoria de colaboración e os proxectos innovadores dos concellos galegos que buscan mellorar os servizos á cidadanía.
Nesta edición, os tres proxectos galardoados foron impulsados por mancomunidades. O primeiro premio recaeu na mancomunidade da comarca de Ordes, polo seu servizo Conecta CIM. A iniciativa aposta polo uso de novas ferramentas de comunicación para facilitar o acceso non presencial ás usuarias do Centro de Información á Muller. Deste xeito, a través da plataforma informática, poden solicitar citas, establecer conversas, ocultar a propia plataforma no dispositivo, e usala en zonas sen cobertura ou datos. Préstase así un apoio adicional a un ámbito prioritario para o Goberno galego como é a igualdade e loita contra a violencia de xénero.
O segundo premio foi este ano para a mancomunidade de Terras de Celanova pola implantación do servizo de fisioterapia e podoloxía no programa de axuda no fogar. Con esta iniciativa, mellórase a calidade deste servizo, destinado a persoas maiores con déficits de autonomía ou con discapacidade.
O primeiro premio recaeu este ano na mancomunidade de Ordes, pola súa iniciativa ‘Conecta CIM’
Xa por último, a mancomunidade turística Terras do Avia recibiu o terceiro premio grazas á posta en marcha da súa aplicación turística. Trátase dunha guía virtual que persegue promover a beleza da comarca e divulgar os puntos de interese para axudar aos viaxeiros. Ademais, permite a xeolocalización do usuario para amosar os puntos de interese máis próximos á súa ubicación.
Os tres galardoados constitúen un exemplo de cooperación en beneficio dos veciños, que poden dispoñer de mellores servizos prestados de xeito eficiente e eficaz. Estas iniciativas de colaboración correspóndense tamén coa aposta decidida do Goberno galego por impulsar este tipo de proxectos, un apoio que se demostra en feitos como que a maioría das ordes de axudas a concellos da Xunta priorizan aos que ofrecen xestión conxunta; ou na posta en marcha do fondo de fusións en Galicia, que rexistrou as dúas únicas fusións de España no último cuarto de século.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184