NIGRÁN
O Concello de Nigrán ofrece esta semana nos colexios públicos do municipio un obradoiro de regueifas
A actividade, enmarcada na programación municipal do ano Casares e dirixida aos alumnos de 5º e 6º de primaria, comezou onte cos colexios de Mallón, Humberto Juanes e Da Cruz e remata hoxe no Carlos Casares.
![[Img #31548]](upload/img/periodico/img_31548.jpg)
O Concello de Nigrán iniciou onte os obradoiros de regueifas dirixidos a tódolos escolares de 5º e 6º de primaria dos colexios públicos de Educación Primaria e enmarcados na programación municipal do 'Ano Casares'. Estes arrancaron onte co CEIP Humberto Juanes, Mallón e Da Cruz (Camos) e rematará hoxe no Carlos Casares de Vilariño. Os mestres encargados de levar adiante esta actividade son Luís Caruncho, que é músico, gaiteiro, zanfonista e regueifeiro, e Pinto de Herbón, dous dos máis afamados artistas regueifeiros de Galicia e especializados no traballo con cativos e en obradoiros de improvisación.
O Concello, a través do Servizo de Normalización Lingüística, planificou a actividade tendo en conta os intereses dos docentes, que manifestaron o seu interese en levalos adiante porque o alumnado desta idade pode adquirir certas capacidades que lle van servir para o seu desenvolvemento social. Por unha banda practican a lingua oral, que é un dos compoñentes máis relevantes no proceso de adquisición de linguas, xa sexa da materna ou dunha segunda; por outra banda traballan a creatividade, a rima, o ritmo e a métrica, e, finalmente, faise unha posta en valor a tradición oral da cultura galega.
"Con esta actividade reforzamos o noso compromiso co galego dun xeito lúdico e creativo ao tempo que pomos en valor a nosa tradición oral", explica o alcalde, Juan González
"Con esta actividade reforzamos o noso compromiso co galego dun xeito lúdico e creativo ao tempo que pomos en valor a nosa tradición oral", explica o alcalde, Juan González.
A regueifa é un desafío oral improvisado en verso de orixe ancestral. As súas claves son a rapidez e a espontaneidade, xa que carece de interludios musicais e de pausas, pero sobre todo nútrese de enxeño, porque é o que fai que o público se entusiasme coa capacidade de saír airosos dos envites máis agudos en décimas de segundo e de forma totalmente improvisada, como se fosen prestidixitadores da lingua.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149