PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra entrega os diplomas acreditativos ao alumnado participante no programa “Depoatende”
O alumnado rematou onte as súas prácticas de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” en seis centros sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra.
![[Img #31558]](upload/img/periodico/img_31558.jpg)
O obradoiro “Depoatende” que promoveu a Deputación de Pontevedra dende o pasado 1 de outubro no Centro Príncipe Felipe chegou á súa fin. Hoxe, as alumnas e o alumno que se formaron en “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” recibiron no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra e de mans da deputada provincial de Emprego, Montse Magallanes, os diplomas que acreditan os estudos realizados.
As usuarias e usuarios de Amencer-ASPACE relataron en primeira persoa o seu día a día na Asociación
O alumnado recibiu unha formación teórica que se estendeu dende o 1 de outubro ata o 6 de febreiro. A partir desta data e ata o 29 de marzo tivo lugar a fase de prácticas en cinco entidades sen ánimo de lucro da provincia, que lle permitiu ao alumnado poñer en marcha os coñecementos aprendidos en ámbitos como a atención hixiénico-sanitaria ou o apoio psicosocial e comunicativo en institucións. En concreto, o alumnado realizou as súas prácticas na Confederación Galega de Persoas con Diversidade Funcional (COGAMI), na Asociación Xoan XXII de Pontevedra, na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), na Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA), na Asociación de Nais e Pais de persoas con diversidade funcional “Virxe da O” Centro Méndez Núñez e en Amencer-ASPACE. Precisamente as usuarias e usuarios de Amencer-ASPACE participaron tamén na xornada cun relato onde expuxeron en primeira persoa o seu día a día na Asociación, ao que asistiu a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas.
O diploma do obradoiro “Depoatende” acredita que o alumnado é competente para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario, aplicando as estratexias deseñadas polo equipo interdisciplinar e os procedementos para manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións co entorno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149