Jueves, 25 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 03 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Especialistas no eido educativo debaterán no Porriño sobre competencias na educación

O vindeiro martes, día 4 de abril, ás 7 da tarde no Salón de Plenos do Concello do Porriño, a Concellería de Educación organiza unha xornada na que se debaterá sobre a comunidade educativa, con especial atención ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e as federacións das mesmas; tamén se reflexionará sobre as Competencias e a Convivencia no eido da Educación e se abrirá unha quenda de intervencións entre os asistentes.


Esta xornada, presentada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, e a voceira municipal do Grupo de Non Adscritos, María Sabela Landín, está dirixida a nais, país, Mestres, educadores e persoas vencelladas á Educación Pública e á Integración.


Na mesma intervirán Bertila Fernández Pérez, voceira da Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (FOANPAS), e Antonio Vázquez Vázquez, vicepresidente do Consello Escolar Municipal de Vigo.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.