GALICIA
Convocadas as probas físicas e de agudeza visual para traballadores de incendios forestais
Son probas de carácter obrigatorio para as novas contratacións das categorías de técnico superior e técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón; así como para vixiante fixo e móbil.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se convoca a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas do Servizo de Prevención e Defensa contra incendios forestais para determinadas categorías.
Para poder ser contratados nas categorías de técnico superior e técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón é imprescindible que os integrantes das listas superen unha proba de aptitude física e outra de agudeza visual (só para o caso das categorías de vixiante fixo e móbil).
Estas probas, que comezarán o vindeiro 18 de abril ás 08:30 horas da mañá, realizaranse nas capitais das catro provincias galegas nos lugares que se indican a continuación:
- A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n, A Coruña.
- Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense, s/n, Lugo.
- Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas; s/n, Ourense.
- Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, Pontevedra.
A realización destas probas, obrigatoria e con vixencia anual, estará coordinada por unha comisión provincial composta por dous representantes da Consellería do Medio Rural e un representante das organizacións sindicais. Así mesmo, poderase nomear persoal colaborador das comisións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184