GALICIA
O Servizo Aéreo de Gardacostas recibe o máximo recoñecemento no eido da aviación civil
A Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas concede o premio Polaris á tripulación do helicóptero Pesca 2 que participou nestas misións.
![[Img #31616]](upload/img/periodico/img_31616.jpg)
A tripulación do helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, vén de recibir o premio Polaris da Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas polo seu labor no rescate dos 22 tripulantes do buque Modern Express e dos 12 tripulantes do Gure Uxua. Este é o máximo recoñecemento relacionado coa aviación civil e por primeira vez concédeselle á tripulación dun helicóptero de salvamento marítimo.
O premio foille comunicado hai uns días por parte da federación aos seis tripulantes galardoados. Concédeo a Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas a aqueles membros de tripulacións que participaron en misións heroicas que contribuíron a salvar vidas humanas ou ao avance da aviación civil. Neste caso foi a proposta do Sindicato Español dos Pilotos de Liñas Aéreas (SEPLA), que defendeu a candidatura dos membros do Pesca 2 ao galardón.
O rescate do buque de bandeira panameña Modern Express, de 163 metros de eslora, realizouse o 26 de xaneiro de 2016. O buque estivo á deriva a 148 millas ao norte de Cabo Ortegal e na operación de salvamento participaron o helicóptero Pesca 2 do Servizo de Gardacostas e o Helimer 401 de Salvamento Marítimo do Estado. Nesta misión, a tripulación do Pesca 2 rescatou a seis dos tripulantes, actuando baixo duras condicións meteorolóxicas. De feito, esta intervención do Pesca 2 tamén contou coa Mención de Honra da Organización Marítima InternacionaI (OMI), que recoñeceu ademais o labor dos tripulantes do helicóptero de Salvamento Marítimo.
É a primeira vez que este distintivo recae nos membros dun helicóptero de salvamento marítimo
Por outra banda, a misión de salvamento do pesqueiro Gure Uxua, de 24 metros de eslora, tivo lugar o 3 de febreiro. Este pesqueiro afundiu a 50 millas de Navia (Asturias) e nesta operación o helicóptero Pesca 2 salvou a cinco dos tripulantes, actuando con condicións meteorolóxicas adversas.
Os membros do Pesca 2 galardoados pola misión do Modern Express son: o comandante, Carlos Ferreira; o copiloto, David Abad; o operador de grúa, Antonio López-Cerón e o rescatador, Daniel Fernández. Os premiados pola operación do Gure Uxua son: o comandante, Philip Andre; o copiloto, David Abad; o operador de grúa, Brian Chouza e o rescatador, Daniel Fernández.
O galardón
A entrega deste recoñecemento da Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas, coñecida en inglés co acrónimo IFALPA, realizarase na 72 edición da convención anual da federación, que se celebrará en Montreal (Canadá) o 6 de maio.
A Federación Internacional de Pilotos de Liñas Aéreas naceu en 1948 en Londres, durante unha conferencia de asociacións de pilotos. Ten como obxectivo promover a máxima seguridade na aviación a nivel internacional e actuar como defensora global dos pilotos, facilitando representación, servizos e apoio ás asociacións que forman parte dela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184