GALICIA
Galicia será unha comunidade libre de abandonos e de loita contra o maltrato animal
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recorda que o texto que vén de aprobar o Consello da Xunta, ten un triplo obxectivo, ao que se suma potenciar a adopción dos animais abandonados.
![[Img #31636]](upload/img/periodico/img_31636.jpg)
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou que Galicia será unha comunidade libre de abandonos e de loita contra os malos tratos, físicos e psíquicos, aos animais. Así llo trasladou esta mañá á presidenta do Partido Animalista (Pacma), Silvia Barquera, durante unha reunión na que lle informou dos avances dados pola Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta.
Destacou que a lei nace cun triplo obxectivo, ademais de ser un territorio libre de abandonos e de loitar contra o maltrato animal, súmase o fomento da adopcións dos animais abandonados, e engadiu que con esta nova normativa -que agora iniciará o seu trámite parlamentario- dáse resposta a unha necesidade da Comunidade, como contar cun novo marco normativo para concienciar aos galegos ante os problemas do maltrato, en calquera das súas manifestacións, e do abandono animal.
Así, definíronse dúas medidas para paliar o seu abandono, como a promoción da adopción dos animais abandonados nos centros de recollida e a restrición da súa eutanasia unicamente aos supostos de doenza grave e irremediable do animal; e a obriga clara e específica da identificación mediante microchip para todos os animais da especie canina.
Salienta que por primeira vez a Comunidade ten unha norma que regula os fogares de acollida, para facilitar a adopción dos animais abandonados e mellorar o seu benestar
A conselleira tamén argumentou que facer fincapé na tenza responsable é a mellor ferramenta para prever o abandono e o maltrato animal, polo que se divulgará o seu contido entre os escolares e a cidadanía, en xeral; se velará pola inclusión de contidos relacionados coa protección animal nos programas educativos, e se promoverá a realización de campañas de formación destinadas ás persoas propietarias e posuidoras de animais.
Adiantou que unha das novidades que recolle a lei é que por primeira vez regula diversas figuras desenvolvidas nas últimas décadas polos cidadáns como os fogares de acollida, para facilitar a adopción dos animais abandonados e mellorar o seu benestar, por aquelas persoas que garantan o coidado, atención e condicións hixiénico sanitarias que precise. Este acollemento estará condicionado á devolución inmediata do animal se aparecese un adoptante definitivo válido.
A Xunta fará fincapé na tenza responsable, como principal instrumento e medida para prever o abandono e o maltrato animal
Mato Otero indicou que outro dos cambios que recolle a lei é a creación do Comité Consultivo para a Protección Animal, como órgano de estudo, consulta e asesoramento adscrito á Consellería competente en materia de protección animal. As funcións básicas que terá este comité consultivo son a emisión de informes e ditames, a realización de estudios que solicite a Administración competente e promover estudos de planificación e coordinación nesta materia.
Na súa composición deberá garantirse a presenza de todas as consellerías que gardan relación con esta materia, da Federación Galega de Municipios e Provincias, das asociacións de protección e defensa dos animais, o Consello Galego de Colexios Veterinarios, así como das entidades de carácter medioambiental.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184