Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 06 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Novo proxecto sobre os riscos costeiros e o usos de radares meteorolóxicos para detectar incendios

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio avanzou esta semana estas novas iniciativas da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, salientaron esta semana a necesidade de traballar de xeito conxunto en dous proxectos de investigación: como o proxecto MarRISK e o proxecto Lifetec, dous proxectos no ámbito do medio ambiente e do cambio climático de calado importante.

 

O proxecto MarRISK ten por obxectivo asegurar un crecemento inteleixente e sustentable das zonas litorais de Galicia e Norte de Portugal, mediante unha avaliación dos riscos costeiros máis importantes nun escenario da cambio climático. Pola outra banada, o Lifetec busca aproveitar as sinerxias dos radares meteorolóxicos existentes para detectar incendios nunha etapa moi temperá e, deste xeito, mellorar o actual EFFIS (European Forest Fire Information Systems- Sistema Europeo de Información de Incendios Forestais).

 

Mato Otero destacou a necesidade de aproveitar o potencial investigador da universidade, xa que Galicia necesita o I+d+i  do ámbito universitario para progresar no coidado do medio ambiente e na ordenación racional do territorio.

 

A conselleira tamén invitou á Universidade de Vigo a sumaráse ao grupo de traballo do Observatorio dos Ríos, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e que ao longo do mes de abril se iniciará a súa creación. Recordou que este organismo terá unha composición multidisciplinar, con entidades da administración, sociedade civil e institucións do ámbito académico, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.

 

 

 

 

Beatriz Mato destacou a necesidade de aproveitar o potencial investigador da universidade, xa que Galicia necesita o I+d+i para progresar no coidado do medio ambiente e na ordenación racional do territorio

 

 

 

 

Durante o encontro a conselleira de Medio Ambiente puxo en valor as colaboracións que se están a desenvolver na actualidade, como o convenio para que alumnos da Universidade de Vigo podan facer prácticas nas dependecias da Consellería, como por exemplo na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, o departamento encargado de promover a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía, na que se implica aos universitarios co fin de aplicar os seus coñecementos.

 

Recordou que outros dos ámbitos nos que se colabora é a ordenación do territorio, coa participación dos responsables e técncios da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en seminarios, coloquios e xornadas para achegar ao alumnado a esta materia.

 

Por último, a conselleira destacou a necesaria particpación da Universidade de Vigo para levar a cabo proxectos que melloren as estartexias medio ambientais, que redunden na mellora das augas, da calidade ambiental, no coidado da paisaxe e da ordenación urbanística, materias de competencia directa do departamento que dirixe Beatriz Mato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.