Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP reclama a mellora da aula infantil do CRA de Fontán

Confían na execución da obra despois de manifestalo en pleno a Concelleira de Educación.

[Img #31681]

 

O PP de Salceda presentou ante o Concello unha serie de propostas de acordo ás proposicións, opinións e necesidades dos veciños, ao amparo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. Do máximo de 399.918,75€ que lle corresponden a Salceda para inversións, o Partido Popular  suxire ao Alcalde que “aplique contra esta partida a mellora da aula infantil do CRA. de Fontán, na parroquia de Parderrubias”, explica o voceiro do partido, Santiago Rodríguez Davila.

 

Segundo o concelleiro popular, “solicitamos ó goberno municipal que aplique medidas para solucionar un problema que afecta sobre todo ó tellado e a climatización da aula”. Asimesmo, recorda que “esta mellora para a aula infantil do CRA de Fontán, xa foi trasladada  polo PP en diversos plenos”. Engade Rodríguez Davila que “ademáis, fixemos o escrito para que se incluise dentro do Plan de Concellos 2017”. Desde o Partido Popular do municipio confían en que por fin este ano se executen esas melloras “despois de manifestalo públicamente a Concelleira de Educación en pleno tras una pregunta do noso grupo respecto se ían facer caso a nosa petición e executar a obra”.   


Esta solicitud do Partido Popular de Salceda enmárcase dentro das reclamacións ós orzamentos en diversos anos atrás e das continuas suxerencias de melloras necesarias para as aulas do CRA a través dos diferentes Plans de Inversións da Deputación de Pontevedra. Ó respecto, o voceiro popular sinala que “proba diso é a moción presentada polo PP no mandato anterior solicitando a mellora da parte traseira da aula de Soutelo para que se utilizase para educación física". Tempo despois, esa mellora foi executada, polo que “estamos satisfeitos de conseguir ese logro” sentencia Santiago Rodríguez Davila.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.