SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro presenta unha moción para involucrar ao Concellona loitar contra os contaminantes hormonais
As administracións locais teñen un papel fundamental na implantación de medidas para reducir a exposición da cidadanía a estes contaminantes.
![[Img #31684]](upload/img/periodico/img_31684.jpg)
A asociación Lazoiro continúa facendo fincapé na defensa do medio ambiente e da saúde da veciñanza de Salvaterra, informando e concienciando unha vez máis dos perigos e efectos dos contaminantes hormonais. Pide a implicación da administración para levar a cabo campañas informativas, xornadas coas diferentes asociación do municipio sobre os riscos dos contaminantes hormonais, principais fontes de exposición da poboación e sobre como reducir esta exposición.
A moción foi presentada ao grupo de goberno e partidos da oposición coa intención de que sexa tratada no próximo Pleno. Esta moción que consta de oito puntos foi adaptado ás necesidades de Salvaterra pola Asociación Lazoiro, xa que se trata dun modelo creado por Ecologistas en Acción e que xa foi presentado e aprobado en diversos concellos de todo o Estado Español.
Solicítase a prohibición do uso do glifosato e doutras substancias relacionadas na lista de posibles disruptores endócrinos de The Endocrine Disruption Exchange tanto por parte do Concello como por outras administracións, evitando as fumigacións e uso de herbicidas nas beirarrúas, parques e xardíns, espazos públicos, centros escolares, centros sanitarios e calquera outro espazos pechados que poida expoñer innecesariamente á poboación a contaminantes hormonais.
Dentro dos acordos da moción tamén está o fomentar a mobilidade infantil segura e saudable polo que o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración cos colexios, ANPAS e demais asociacións ou entidade involucradas elabore un plan de mobilidade infantil para que os escolares vaian andando sós e seguros á escola como xa se vén facendo noutros concellos da Area Metropolitana.
Pídeselle tamén ao Concello de Salvaterra o fomento do consumo de alimentos orgánicos e de proximidade en garderías e comedores escolares, informar anualmente ao Pleno e á cidadanía a través da súa páxina Web sobre os avances no cumprimento deste acordo, así como esixir á Xunta de Galicia a adopción de medidas de redución da exposición destes contaminantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217