Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán renova a equipación informática da Biblioteca e da súa conexión a internet

Os usuarios dispoñen de dous novos ordenadores de consulta e fotocopiadora, ademáis sextuplicarse a velocidade de conexión a internet.

[Img #31685]

 

O Concello de Nigrán ven de instalar dous novos ordenadores de consulta na Biblioteca Municipal, así como unha nova impresora; ao mesmo tempo, mellorouse a conexión a internet multiplicando por 6 a súa velocidade. Os antigos equipos informáticos non cumplían correctamente coa sua función ao estar obsoletos e, ao mesmo tempo, a conexión a internet na Biblioteca aínda era con rede RDSI, o que facía moi lenta a navegación. Por este motivo, o Concello aproveitou para renovar por completo a instalación telefónica, de xeito que permitiu pasar a unha conexión ADSL que multiplica por 6 a velocidade e fai que o sistema Wi-Fi funcione correctamente (mediante outro proxecto, o Concello levará o Wi-fi gratuíto a todo o entorno). Paralelamente, adquiriuse unha nova fotocopiadora que está tamén a disposición dos usuarios.

 

"Somos conscientes das necesidades dunha biblioteca maior e con mellores servizos e estamos traballando nese eido, entre tanto seguimos apostando por mellorala  equipación, mercar exemplares (553 so no pasado mes de marzo) e mesmo instaurar o horario continúo como xa fixemos ante a demanda de estudantes e opositores”, sinala o alcalde, Juan González.

 

A Biblioteca Municipal de Nigrán ten preto de 4.000 socios e recibe máis de 8.000 visitantes cada ano. Para facerse socio tan só é necesario encher unha ficha de inscrición na propia instalación ou ben vía telemática, é de balde e non é necesario estar empadroado en Nigrán para poder gozar dos seus servizos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.