Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 04 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Gran acollida da campaña da Deputación para impulsar o certificado de calidade SICTED entre o sector turístico

Xa son 36 as novas empresas do sector da provincia que solicitaron a súa inclusión no selo de calidade turística dende o inicio da campaña.

[Img #31707]

 

A campaña que desenvolve a Deputación de Pontevedra para impulsar a implantación, ao longo deste ano, do certificado de calidade turística SICTED está a ter unha gran acollida entre o sector turístico da provincia. O deputado de Turismo, Santos Héctor, subliñou onte nunha sesión informativa sobre o proxecto,  que xa son 36 as novas empresas que solicitaron a súa inclusión no certificado de calidade en pouco máis dun mes de comezo da campaña.

 

O deputado de Turismo destacou que a comezos de ano eran  203 empresas na provincia que contan co certificado SICTED e que a previsión coa que traballa a Deputación é que tras a campaña de información que está a desenvolver entre o sector turístico da provincia se superen as 250 empresas. De feito, Santos Héctor subliñou que nestes primeiros encontros co sector a demanda dos interesados está sendo moi importante, ate o punto de que as previsións estanse a cumprir e “fainos ser moi optimistas de cara incluso a superar as nosas propias estimacións”.

 

Estas estimacións, segundo destacou o deputado provincial, era achegarnos neste primeiro trimestre ate as 35 empresas, “cifra que xa vimos lixeiramente superada tras a celebración da Gala do Turismo Rías Baixas que celebramos en Vigo”.


Para poder optar á certificación, as empresas deben estar englobadas nalgún dos 32 oficios que identifica o SICTED, que son  praias; bares e cafeterías; axencias de viaxe; guías turísticos; seguridade cidadá; comercios; cámpings; adegas; portos deportivos; palacios de congresos; hoteis e apartamentos; turismo industrial; servizos de limpeza; taxis; albergues; convention bureaux; outros servizos; aloxamentos rurais; artesáns; atraque de cruceiros e ferries; servizos turísticos de saúde; empresas de transporte turístico; estacións de esquí e montaña; espazos naturais protexidos; oficinas de información turística; museos e centros de interese turístico; empresas de turismo activo; escolas de español para estranxeiros; aluguer de vehículos e embarcacións de recreo; campos de golf e campos de pitch&putt; restaurantes e empresas turísticas de catering.

 

As empresas terán ate o próximo día 14 de setembro para adherirse ao proxecto. Posteriormente, abrirase un proceso de formación e asesoramento individual a cada empresa para concluír coa avaliación final. Por último, será Turismo Rías Baixas quen valora as propostas que finalmente obteñan a certificación.

 

Precisamente hoxe celebrouse en Vilagarcía outra das xornadas de información sobre o certificado SICTED, na que xunto ao deputado de Turismo, participaron o alcalde, Alberto Varela e o concelleiro de Turismo vilagarcián, Juan Antonio Pérez Callón.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.