TOMIÑO
“Os amores de Jacques o fatalista” é a obra que abre a proposta teatral da Primavera Cultural de Tomiño
Os artistas en escena son catro: María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplican no cambio de personaxes durante a peza dirixida por Quico Cadaval.
“O meu antigo amo adoitaba dicir que todo o bo ou mala que nos pasa aquí abaixo estaba escrito alá arriba”. Con esta frase, de Denis Diderot, comeza Producións Excéntricas a sinopse da obra teatral “Os amores de Jacques o fatalista”, que porá en escena este sábado, 8 de abril, no Auditorio de Goián.
Trátase da segunda actividade da axenda da Primavera Cultural organizada pola Concellalía de Cultura que dirixe Cristina Martínez.
Os artistas en escena son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplicarán no cambio de personaxes, de puntos de vista, etc.
Argumento: Jacques e o seu amo camiñan cara ao lugar máis próximo, como fai todo o mundo. Para entreter o camiño, Jacques o fatalista e o seu amo cóntanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor. Aproveitando que están solos, permítense dicir cousas que non se atreverían a dicir se houbese mulleres diante.
Este “paraíso masculino” remata cando aparece en escena a Pousadeia. Ou cando Jacques e o outro chegan á pousada dela.
Ficha Técnica e Artística
Elenco:
Víctor Mosqueira, como Jacques
Marcos Orsi, como o amo
María Costas, como a posadera
Piti Sanz, como o marido da posadera
Espazo Escénico: Marcelino de Santiago, “Kukas”
Deseño de Iluminación: Octavio Mais
Dirección Musical: Piti Sanz
Vestiario: Vaello
Produción: Rubén G. Pedrero
Autor: Denis Diderot
Adaptación e Dirección: Quico Cadaval
Lugar, data e duración: Auditorio de Goián (Tomiño), sábado 8 de abril, 22.00h.
Custe da entrada: 5 euros. A venda será na taquilla, dende 1 hora antes do comezo da función.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149