PONTEAREAS
Simulacro de evacuación de incendios no colexio de Santiago de Oliveira
Nenos e nenas asistiron logo a unha charla sobre a vespa velutina que correu a cargo do experimentado apicultor Tomás Rivero.
![[Img #31764]](upload/img/periodico/img_31764.jpg)
Os bombeiros de Ponteareas realizaron, nestes pasados días, un simulacro de evacuación en caso de incendio, no colexio de Santiago de Oliveira. A iniciativa tiña como finalidade, segundo sinalaba a concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, “que nun caso de emerxencia, tanto o profesorado como o alumnado saiba como actuar correctamente á hora de realizar unha evacuación do centro no tempo en que tardan en acudir os servizos de extinción de incendios”.
Tal e como salientaba a concelleira de Seguridade, “saber o que facer nos primeiros minutos dun sinistro, e fundamental á hora de evitar unha traxedia”. Por iso, engadía Vanesa Fernández, “desenvolveremos este tipo de actividades en todos e cada un dos centros escolares do municipio”.
Doutra banda, os nenos e nenas do colexio de Santiago de Oliveira, tiveron a oportunidade de asistir, unha vez rematado o simulacro, a unha charla sobre a vespa velutina que desenvolveu Tomás Rivero, apicultor cunha dilatada experiencia e profundo coñecedor do problema que supón a vespa asiática.
Ao longo dunha actividade amena, divertira e moi ilustrativa, o alumnado puido coñecer o problema que representa para a biodiversidade a ‘invasión’ da vespa velutina, como son os seus niños, onde se atopan, que facer en caso de atopar un deles e, amais, aprenderon a facer sinxelas trampas para este tipo de vespas.
Os pequenos e pequenas, sinalaba Vanesa Fernández, “poden poñer o seu gran de area á hora de frear a praga que supón a vespa velutina”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149