TUI
Ampliado ata o 17 de abril o prazo de presentación de solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía
É preciso contar coa Carta de Artesán ou equivalente.
![[Img #31765]](upload/img/periodico/img_31765.jpg)
O Concello de Tui vén de ampliar o prazo para presentar as solicitudes para participar na XXI Feira de Artesanía que se celebrará o 6 e 7 de maio. Deste xeito os artesáns interesados terán ata o luns, 17 de abril, para presentar a solicitude e documentación requirida podendo remitirse tamén por correo feiraartesania@concellotui.org, así coma persoalmente no departamento de Cultura na casa do concello de Tui ou enviando por correo postal a documentación impresa.
Lembramos que se ofertan un total de 44 postos de venda directa aos que poderán acceder aquelas persoas que o soliciten sendo requisito imprescindible que estean en posesión da carta de artesán de Galicia ou do carné acreditativo equivalente de garantía de calidade expedido noutras comunidades.
Celebrarase o 6 e 7 de maio
A XXI Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio de 12 a 22h na rúa Ordóñez, e nas prazas do Concello e San Fernando. Haberá amais un espazo reservado para as asociación de Palilleiras do Baixo Miño e de Bordado ao Aire. O obxectivo desta feira é apoiar a comercialización do produto artesán, así coma promocionar de difundir a actividade artesán achegándoa ao público dun xeito directo. Ao tempo tamén se busca a promoción e dinamización do conxunto histórico de Tui e do Centro Comercial Aberto da cidade no eido comercial, social e cultural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180