MOS
Mos, primeiro concello galego que incorpora a tarxeta de transporte que subvenciona ao 100% aos menores de 19 anos
A Tarxeta Xente Nova está operativa dende o pasado mércores e os mozos e mozas mosenses poden facela nas oficinas de ABANCA de Puxeiros e Ramón González no Porriño.
O Concello de Mos é o primeiro, e polo momento o único municipio de Galicia, que ten en activo unha tarxeta de transporte público que subvenciona ao 100% o importe das viaxes aos mozos e mozas menores de 19 anos. Trátase da Tarxeta Xente Nova que entrou en vigor e Mos o pasado mércores, 7 de abril, xunto coa Tarxeta de Transporte Metropolitano.
O mércores a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitaba a localidade mosense para viaxar no seu Bus Urbano e anunciar a plena incorporación do mesmo no Transporte Metropolitano de Galicia; o que implica tamén a entrada en vigor das Tarxetas Xente Nova e Metropolitana. A propia conselleira Vázquez informaba de que o de Mos é o primeiro concello galego, e o único ata o de agora, en implantar a Tarxeta Xente Nova.
Aproveitando unha actividade organizada esta mañá no Multiusos das Pozas para os alumnos e alumnas do Instituto mosense, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, informaron aos rapaces menores de 19 anos alí presentes sobre o procedemento a seguir para facerse coa Tarxeta Xente Nova, coa que as viaxes sairanlles totalmente gratis, tanto no transporte urbano coma no metropolitano. Os mozos e mozas que emitan esta Tarxeta Xente Nova terán que pagar por adiantado un número de viaxes que de contado lle será reintegrado pola Xunta de Galicia.
Para pedir as Tarxetas de Transporte Metropolitano e Xente Nova os mosenses interesados poden dirixirse ás oficinas de ABANCA de Puxeiros ou da Rúa Ramón González en O Porriño.
Tarxeta Xente Nova
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia que permite realizar todas as viaxes interurbanas gratuítas.
Poden utilizala os mozos de entre 4 e 18 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Unha vez cumpridos os 19 anos pódese seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
Para recibir a bonificación das viaxes pagadas por adiantado só é necesario introducir a tarxeta en calquera caixeiro ABANCA e automaticamente recibirán o aboamento das viaxes realizadas. Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais. O importe dos reembolsos cargarase segundo a tarifa aplicada en cada momento.
Pola súa banda a concelleira de Mobilidade do Concello de Mos, Kely Monzón, lembrou que xa é plenamente efectiva a integración do Bus Urbano de Mos no Transporte Metropolitano, xa que dende o pasado día 7 están instaladas e en funcionamento nos autobuses mosenses as máquinas canceladoras adaptadas á Tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia.
Por iso a edil anima a tódolos veciños e veciñas a facerse a súa propia Tarxeta de Transporte Metropolitano coa que só pagarán 0,85 € por viaxe. Desde abril de 2015, data na que se puxo en funcionamento o Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo, os veciños de Mos xa podían ir a Vigo en autobús pagando só 0,85 céntimos, fronte aos máis de 2,3 euros que lles custaba antes o billete, pero agora poden, ademais, desprazarse antes ou despois de ir á cidade olívica por distintas parroquias sen ter que pagar nin un céntimo máis.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21