Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 09 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Concello segue a promover Ponteareas como vila cardioprotexida

Varios traballadores municipais realizaron un curso homologado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre o funcionamento dos desfibriladores.

Tres bombeiros, un policía e tres traballadores municipais de instalacións deportivas realizaron con éxito este mércores e  xoves un curso sobre o funcionamento dos dispositivos desfibriladores externos semiautomáticos (DESA), homologado pola Consellería de Sanidade dependente da Xunta de Galicia. O curso foi impartido pola autoescola Lusant en colaboración coa Concellería de Seguridade Cidadá e Promoción da Saúde.


[Img #31778]Este novo curso, que ten un carácter marcadamente práctico, encádrase nun proxecto iniciado neste ano pola Concellería de Seguridade para facer Ponteareas unha vila cardioprotexida. Dentro deste, o Concello instalou neste ano tres desfibriladores de última xeración nos campos de fútbol de Pardellas, Angoares e Areas, instalacións deportivas de grande utilización. Este novo curso ven a mellorar a formación de diversos traballadores municipais que xa recibiran anteriormente un curso básico sobre RCP e manexo destes dispositivos.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, agradeceu “ao persoal docente a formación aplicada neste curso, así como aos traballadores que asistiron. É importante destacar o seu compromiso para mellorar na súa formación con respecto ao manexo dos desfibriladores”. Pola súa banda, a concelleira mostrou “o noso compromiso con esta iniciativa”, asegurando que “faremos estes cursos tódolos anos, para que os traballadores non esquezan o aprendido e sigan formándose”.


Do mesmo xeito, Vanesa Fernández sinalou “a necesidade de que a Xunta de Galicia elabore canto antes o decreto que flexibilice as esixencias actuais sobre os dispositivos DESA, dada a importancia que teñen”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.