Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 10 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello aegura que "o informe da Interventora municipal desminte os millóns en facturas sen recoñecer"

Arévalo reta a Troitiño a debatir públicamente e a mostrar esas facturas que según el están “escondidas no caixón”.

Dende o Concello de Mos aseguran que un informe da Interventora municipal "demostra que non exisen facturas 'no caixón', como afirman dende o grupo municipal de GañaMos. As únicas facturas que quedaban pendentes de recoñecer, e que ascendían a 425.226,92 euros, aboaranse durante os próximos meses con cargo ao Remanente de Tesourería positivo de 452.135,13 euros -resultante da liquidación do orzamento do 2016-, grazas a unha modificación de crédito que se aprobou no último Pleno. Polo tanto non é só que non haxa millóns en facturas sen recoñecer, é que non hai nin un só céntimo, tal e como certifica o informe oficial de Intervención" explican nun comunicado.


"A realidade económica do Concello de Mos é que chegou a 13 millóns de euros de débeda en 2009 e que, grazas á xestión e ó Plan de Axustes, cando remate a presente lexislatura dita débeda terase reducido a case á metade: a 6,8 millóns de euros concretamente. Datos estes avalados tamén polo informe da Interventora" din.


Neste sentido asegura a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que “isto é o que lles molesta a GañaMos, que as contas municipais vaian tan ben, e que o goberno sexa responsable e cumpra cos veciños e co Ministerio mediante o Plan de Axustes”. “Os datos están ahí e non hai máis que velos: a liquidación orzamentaria do 2016 é positiva grazas a que cumprimos o obxectivo de estabilidade presupostaria e obtivemos cifras positivas no Remanente de Tesourería (452.135,13 €), no Superávit (1.607.617,31€) e no Aforro Neto (644.264,70€)”, explica Arévalo, quen insiste en que “é lamentable por parte do señor Francisco Vázquez Troitiño tratar de alertar aos veciños e sembrar o pánico entre a veciñanza mediante mentiras”.


A rexedora local mosense quere así mesmo poñer sobre aviso á poboación mosense “do tipo de persoas que hai en GañaMos, persoas como o seu voceiro, Francisco Troitiño, que fan unha oposición rastrera baseada na mentira máis absoluta e descarada”. Nidia Arévalo aproveitou para retar a Troitiño a un debate público sobre este tema no Multiusos das Pozas, ao que o insta a levar “todas esas facturas que están nos caixóns, según el, e das que a Intervención municipal descoñece a súa existencia”. Anima Arévalo a Troitiño “a que sexa valente e dea a cara diante dos veciños e veciñas de Mos, pero advírtolle que vouno poñer colorado”, advirte a alcaldesa ao voceiro de GañaMos. “Poña vostede día e hora para ese debate señor Troitiño”, sentenciou Nidia Arévalo.
A alcaldesa de Mos está convencida de que o que realmente lle gustaría a Troitiño é que fose verdade que existisen millóns de facturas sen recoñecer porque fai un tipo de oposición que só se pode calificar de vil, mentiroso, e propio da calaña que é el. Arévalo asegura “que é moi triste que para facer oposición teña que recurrir a falar da miña vida persoal ou a mentir”.


“É tan patético o señor Troitiño que rinse del o seus propios compañeiros. Eu de estar na súa situación marcharía para a casa porque non ten futuro na política local, xa que si se rin del os seus compañeiros de partido nas redes sociais, como o van a votar os veciños e veciñas de Mos? Estou segura de que Troitiño non volverá a ser candidato de GañaMos, porque é un ‘bluf’, un absoluto fracaso, e iso o sabemos todos, incluídos os seus colegas da Asamblea Veciñal”, declarou Arévalo.


A rexedora local mosense concluiu afirmando que “a miña xestión económica é impecable, e fai moitos anos que no Concello de Mos non hai facturas no caixóns, iso foi cousa doutros gobernos locales; ao señor Troitiño encantaríalle que as houbese, pero a realidade non é esa e non lle queda máis remedio que asumilo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.