Miércoles, 24 de Septiembre de 2025

Xornal21
Sábado, 08 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do IES Pino Manso disputaron este venres a ‘X Carreira da Igualdade’

[Img #31790]

 

280 integrantes do IES Pino Manso  disputaron este venres a X edición da ‘Carreira da Igualdade’ organizada pola Departamento de Educación Física do centro, cunha importantísima vinculación nesta ocasión da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e a colaboración das concellerías de Educación e Seguridade, dirixidas por Lourdes Moure, Deportes, a cargo de Manuel Carrera, e Igualdade, á fronte da cal está Soledad Girón e que nesta edición ven de aportar as camisetas que levaban postas todas e todos os participantes.


Un ano máis preto de 300 alumnas e alumnos, pais, nais e profesores do Pino Manso percorreron un circuíto urbano polas inmediacións do centro sobre unha distancia de 2,2 quilómetros coa finalidade de facer visible e lembrar que están a prol da igualdade e que rexeitan calquera tipo de discriminación por razón de sexo.
Coma indicou a concelleira de Educación, o feito de que toda a sociedade estea representada nesta proba, profesoras e profesores, alumnas e alumnos, nais e pais, responsábeis dos organismos institucionais, coma o Concello, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, “amosa que a sociedade xa decidiu a que a igualdade sexa o seu xeito de vida e que as oportunidades teñan que ver so coa capacidade e non con ningunha outra condición”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.