GALICIA
O DOG publica a modificación do decreto que amplía o prazo para acreditar a formación mínima dos socorristas
Tamén incrementa as titulacións polas que se poderá acreditar a formación mínima.
O Diario Oficial de Galicia publica a modificación do decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro profesional de socorristas de Galicia. Entrará en vigor o próximo luns, 10 de abril.
O obxectivo principal desta nova norma é seguir ofrecendo as máximas garantías de seguridade nas praias e instalacións acuáticas galegas. Para conseguilo, entre outras novidades, amplía ata o 2021 o período transitorio para obter a nova formación establecida en 2012, isto é, catro anos máis do inicialmente previsto.
No texto de 2012 regulábase a formación mínima para os socorristas, que se podía acreditar con certificado de profesionalidade de socorrismo; título de técnico deportivo ou superior en salvamento e socorrismo; calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que incluíra no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; ou a acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
A continuación, establecíase un período transitorio de cinco anos -que vencería en abril deste ano- para que os profesionais anteriores a esta regulación tiveran a posibilidade de obter a cualificación ou formación correspondente. Agora, coa modificación publicada hoxe, este prazo esténdese ata 2021 para evitar unha baixada de efectivos nas praias e instalacións acuáticas e para continuar dando a opción ás persoas non puideron ata agora obter a nova formación.
Outras das novidades relevantes da modificación é a ampliación das titulacións polas que se poderá acreditar a formación mínima, que pasan a incluír tamén o título de graduado en Ciencias da actividades física e o deporte, así como o título de técnico superior en animación de actividades físicas e deportivas. En ambos casos, deberán superar un curso de adaptación.
Ademais, establécense as entidades que poderán impartir os novos cursos de adaptación así como os cursos de reciclaxe, que non estaban definidos no actual decreto e que só tiña impartido ata o momento a AGASP. A partir de agora, tamén os poderán impartir as mesmas entidades acreditadas conforme á normativa aplicable aos centros e entidades de formación para o emprego; as universidades; os centros con ensinanzas deportivas autorizadas na modalidade de salvamento e socorrismo; e as entidades locais de Galicia. Deberán comunicar á AGASP a celebración destes cursos a través dun procedemento electrónico.
As novidades que se introducen son froito do consenso cos principais axentes implicados: Fegamp, tres universidades galegas, Cruz Vermella e Federación de socorrismo de Galicia. Ademais, cabe lembrar que o texto foi sometido a exposición pública para ter en conta as achegas da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184